Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos seguintes contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Urbanización da estrada C-550 en Castrelos. Termo municipal de Cambados (Pontevedra).

Adxudicatario: Excavaciones y Construcciones Pérez.

Orzamento: 20.528.000 ptas.

Cambio de pavimentación da travesía entre a Praza de Galicia e o Campo da Pastoriza. Santiago de Compostela.

Adxudicatario: AHCSA.

Orzamento: 39.984.000 ptas.

Nave para preparación das redes no porto de Cangas (Pontevedra).

Adxudicatario: Ediconsa.

Orzamento: 17.737.276 ptas.

Nave para preparación das redes no porto de Portonovo (Pontevedra).

Adxudicatario: Asypra, S.L.

Orzamento: 16.990.000 ptas.

Asistencia técnica para o servicio de comunicacións do centro de control e sinalización intelixente da autoestrada A Coruña-Carballo.

Adxudicatario: Ena Tráfico, S.A.

Orzamento: 12.949.985 ptas.

Asistencia técnica as expropiacións da obra de alargamento e mellora da PO-400. Treito: Salvaterra-As Neves (fase II).

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento: 5.870.000 ptas.

Alargamento e mellora do firme da estrada PO-400. Treito: As Neves-Arbo (1ª fase).

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 212.420.000 ptas.

Urbanización da contorna e mellora interior da lonxa de Gundixe-Vilaboa.

Adxudicatario: Copdisa.

Orzamento: 8.968.580 ptas.

Mellora da capa de rodadura na C-550 Vilalonga-O Grove.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 54.224.214 ptas.

Reforzo do firme con mestura bituminosa en quente C-640 Viveiro-Betanzos, p.k. 0,000/8,826.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 71.200.000 ptas.

Recargo, reparación de fochas e tratamentos asfálticos C-545 Santiago de Compostela-Baio, p.k. 41,25/51,00. Treito: Santa Comba-Zas.

Adxudicatario: Excavaciones Antonio Fernández Gerpe.

Orzamento: 38.997.928 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1995.

P.D. (13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5540