A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegados conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público para a subministración de diversos aparellos médicos segundo os plans de investimento dos centros integrantes do complexo.
1. Nome e enderezo do servicio: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 05 00, fax (981) 53 12 55.
2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público.
3.a) Lugar de entrega da subministración: Santiago de Compostela.
b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: aparellos e equipamentos médicos varios segundo especificacións dos pregos de cláusulas administrativas particulares.
-Orzamento total: cento dez millóns cincocentas cincuenta e nove mil oitocentas oitenta e dúas pesetas, IVE incluído (110.559.882 ptas.), IVE incluído.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: pode licitarse á totalidade e/ou por lotes.
4. Prazo de entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1995.
5.a) Nome e enderezo do servicio ó que lle poden solicita-los documentos pertinentes: a sinalada no punto 1.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 25 de setembro de 1995.
6.a) Data límite de recepción das ofertas: 2 de outubro de 1995.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral de calquera dos centros Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, e Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.
7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: ás 10 horas no enderezo indicado no punto 1, o 13 de outubro de 1995.
8. Fianzas e garantías esixidas: provisional, 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes a que
se presenta oferta. Definitiva, do 4% do importe de adxudicación.
9. Modalidades esenciais de financiación e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamento logo de comprobación da recepción dos equipamentos a total conformidade segundo a cláusula 16.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e apartado 3 do prego de prescricións técnicas, todo iso con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:
-1571-2223-6212: 84.679.673 ptas.
-1550-2223-6212: 25.880.209 ptas.
10. Forma xurídica que deberá aportar a agrupación de provedores: non se especifica.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: as esixidas nos pregos de cláusulas administrativas.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: atribuirase ás ofertas unha puntuación ata un máximo dos que se especifican para cada un dos seguintes parámetros:
-Prezo: 5.
-Calidade técnica: 3.
-Servicio técnico: 2.
-Prestacións adicionais ás requiridas: 1.
14. Outras informacións: ver prego.
15. Data de envío do anuncio á oficina de publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 11 de agosto de 1995.
16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1995.
Ignacio Martínez González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela
9505670