Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 28 de agosto de 1995 Páx. 6.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 13 no apartado 3º dos estatutos da Asociación laboratorio interprofesional gallego de análisis de leche.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos na mesma, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse o día 12 de xullo de 1995, acta da reunión ordinaria da asemblea xeral da asociación celebrada o 5 de abril de 1995, pola que se acorda por unanimidade a modificación do artigo 13 no apartado 3º, referente ás reunións da aseamblea xeral.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9505612