Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 28 de agosto de 1995 Páx. 6.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA de 14 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres número 94/0024.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provicial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 14 de xullo de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 95/0024.

Denunciado: Estévez Regueiro, Leonardo.

DNI: 35.300.624V.

Último enderezo coñecido: r/ Naranjo, 2-2º C. Vigo (Pontevedra).

Feitos imputados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo (Ribeira).

Tipificación da infracción Lei 4/1989 CEN:

Artigo infrinxido: 38.13ª.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

9505315