Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 28 de agosto de 1995 Páx. 6.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de tres sistemas de tomografía axial computerizada, con destino ó Hospital Santa María Madre de Ourense, comarcal da Costa en Burela (Lugo) e comarcal de Monforte de Lemos (Lugo) (SCC 28/1995).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Econó

micos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 66, fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3.a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Comarcal da Costa en Burela (Lugo), Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo) e Hospital Santa María Madre en Ourense.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: tres sistemas de tomografía axial computerizada.

-Orzamento total: cento cincuenta millóns de pesetas, IVE incluído (150.000.000 de ptas., IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente exposto: 30 días a partir da data de notificación da adxudicación.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que lle poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 6 de outubro de 1995.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 13 de outubro de 1995.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 24 de outubro, ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde.

8. Fianzas e garantías esixidas: provisional, 3.000.000 de ptas. Definitiva, 6.000.000 de ptas.

9. Modalidades esenciais de financiación e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá aportar a agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

-Composición e características do equipo ofertado: ata 10 puntos.

-Características do servicio técnico: ata 8 puntos.

* Prezo de garantía.

* Prezo de tubos de reposición.

* Tempo de resposta.

* Outras.

-Obras de acondicionamento: ata 6 puntos.

-Opcións incluídas: ata 8 puntos.

* Cámara multiformato.

* Estación de traballo.

* Programas especiais.

* Outras.

-Prezo ofertado: ata 6 puntos.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á oficina de publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 21 de agosto de 1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 1995.

O presidente do Servicio Galego de Saúde

P.D. (Orde C. 31-7-1995)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

5572