Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 28 de agosto de 1995 Páx. 6.649

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial do sector do comercio da pel, calzados e bolsos de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo do sector comercio da pel, calzados e bolsos (código nº 3200135) de Ourense para o ano 1995, con entrada nesta delegación provincial o día 12 de xuño do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Calzados e Bolsos de Ourense e da parte social polas centrais sindicais CC.OO. e UXT, ambas con lexitimidade suficiente para asinalo, en reunión celebrada o día 29 de maio de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 16 de xuño de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo do comercio

da pel de Ourense

1995

Artigo 1º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son a Asociación Provincial de Empresarios de Calzados e Bolsos de Ourense e as centrais sindicais CC.OO. e

UXT, ámbalas dúas con lexitimidade suficiente para a sinatura deste, segundo o disposto no artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Nos seus aspectos territorial, funcional e persoal, o presente convenio afectará as empresas establecidas ou que se poidan establecer en Ourense, xa sexan naturais ou xurídicas as persoas titulares destas, que se dediquen ás actividades de comercio da pel en xeral, tanto por xunto como polo miúdo, ás que sexa de aplicación a ordenanza laboral de traballo para o comercio e, así mesmo, as relacións laborais entre tales empresas e os productores que nela presten os seus servicios.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1995, independentemente da súa publicación no BOP. Este convenio será de aplicación na súa totalidade, ata que se asine outro que o substitúa.

Artigo 4º.-Duración.

Establécese para o presente convenio unha duración de un ano, é dicir, ata o 31 de decembro de 1995, prorrogable pola tácita de ano en ano, a partir de 1995, en períodos anuais, sempre que non sexa denunciado por algunha das partes que o subscribe, antes do termo da súa vixencia inicial ou de calquera das súas prórrogas.

Os requisitos formais da denuncia serán os establecidos no artigo 89 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras establecidas polo presente convenio establécense co carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas e manteranse ad personam en canto excedan do cómputo anual.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión mixta paritaria de interpretación e vixilancia do convenio integrada polos membros da comisión negociadora deste e que se sinalan na disposición final.

Artigo 7º.-Funcionamento da comisión mixta paritaria.

No caso de reclamación sobre a materia regulada no convenio, a comisión mixta paritaria, oída a representación sindical dos traballadores do centro de traballo afectado e a dirección da empresa, dictaminará por maioría sobre o asunto. De non ser aceptado o dictame da comisión mixta resolverá a autoridade laboral competente en cada caso.

Artigo 8º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais para cada traballador/a. Este período poderase dividir en dous, os cales se fixarán de común acordo entre empresa e representantes dos traballadores, fixando o calen

dario de desfrute nos tres primeiros meses do ano para garantir que se comunique con dous meses de antelación á data do comezo destas, tal e como establece a lexislación vixente.

Artigo 9º.-Salario base.

Os salarios base do presente convenio serán os que figuran na táboa anexa a este.

Artigo 10º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio; estes consistirán no aboamento de cuadrienios na contía do 6% do salario correspondente á categoría na que estea clasificado.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas deberán aboar tres pagas extraordinarias: unha en xullo, outra en decembro e outra de beneficios pagadeira entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo. Cada unha estará integrada por unha mensualidade do salario total do convenio e o premio de antigüidade que será considerado, se é o caso, sobre o salario actualizado á data en que sexa pagada e incluso a de beneficios, para aqueles que regulamentariamente ou por pacto os teñan recoñecidos de tal maneira que o importe destas vai ser igual ó das mensualidades ordinarias, constituíndo 15 pagas anuais.

Artigo 12º.-Axuda de estudios.

Establécese unha axuda mensual de 575 pesetas para os fillos dos traballadores que cursen BUP ou ensinanzas inferiores e de 1.219 pesetas por mes para estudios superiores. Os ditos importes quedarán conxelados desde a sinatura do presente convenio. A dita axuda de estudios percibirase unicamente para aqueles traballadores que a percibiran o 1 de xaneiro de 1992, e desaparecerán do convenio a medida que desaparezan as causas que o orixinan.

Artigo 13º.-Remuneración anual.

A remuneración anual total será a establecida no presente convenio correspondente a cada categoría incluída a antigüidade, pagas extraordinarias, beneficios e axudas de estudios, cando a xornada sexa a normal de 40 horas semanais durante todo o ano e proporcional ás horas traballadas cando a xornada sexa a tempo parcial ou reducida. Nos casos de enfermidade, vacacións e licencias aplicarase o disposto na ordenanza laboral do comercio.

Artigo 14º.-Xornada.

A xornada laboral para a vixencia do presente convenio será de 1.804 horas en cómputo anual, ou 40 horas semanais, que normalmente se distribuirán de luns a sábado; a xornada terminará ás 13.30 horas do sábado ata a sinatura do seguinte convenio.

No caso da instalación en Ourense dunha grande superficie, área comercial ou similar, reunirase a comisión paritaria do convenio co obxecto de analisa-la conveniencia ou non de abri-los comercios os sábados pola tarde.

Fíxanse como días libres no sector para tódolos efectos, para escoller entre empresa e traballadores un día de entre o 17 e o 23 de novembro; estes poderán ser modificados por acordo entre empresa e traballadores.

Fíxanse como días nos que hai que traballar, como consecuencia das festas de Nadal e de acordo á tradición con que se vén facendo o sábado pola tarde dos días 23 e 30 de decembro, descansando os traballadores que o realicen o domingo e o luns seguinte. Acórdase igualmente reunirse a comisión paritaria a mediados de novembro co fin de estudiar aqueles sábados que por coincidencia de festivos ou rebaixas se puidesen acordar de común acordo para a súa apertura.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio establecen como unha guía adecuada para a creación de emprego a reducción das horas extraordinarias, e para este efecto recomendan a súa supresión. Non obstante o anterior, poderán realizarse as horas extraordinarias que sexan consideradas como estructurais ou de forza maior. Para os efectos de considerar cales son as horas estructurais ou de forza maior haberá que aterse ó disposto no punto cuarto do Acordo Nacional de Emprego, así como ó disposto no Real decreto 1858/1981, do 29 de agosto.

Artigo 16º.-Premio de xubilación.

O persoal que se xubile dentro da idade de 64 anos ou antes do cumprimento desta, ademais do que lle corresponde segundo a lexislación vixente, percibirá como premio de xubilación unha mensualidade completa.

As empresas e traballadores afectados polo presente convenio poderán pacta-la xubilación especial ós 64 anos de idade, de conformidade co disposto coa Lei 14/1981, do 17 de outubro, que o desenvolve, así como as demais disposicións legais que regulen o dito tipo de xubilación no futuro.

Artigo 17º.-Publicidade.

As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar deste no centro de traballo para coñecemento do persoal. Así mesmo, colocarán no taboleiro de anuncios copias dos boletíns de cotización á Seguridade Social co fin de que os traballadores constaten a súa situación laboral mensualmente.

Artigo 18º.-Baixa por ILT.

A baixa por maternidade terá a retribución do 100% do salario neto que viña percibindo. No caso de que a traballadora opte por desfrutar dúas semanas antes do parto, segundo determina a OMS, respectaráselle a mencionada retribución.

Artigo 19º.-Dereitos sindicais.

A) As empresas deberán cumpri-la Lei 8/1980, e, se é o caso, a normativa que poida substituíla ou modificala e os acordos nacionais asinados entre ámbalas dúas partes sobre esta materia, de forma clara e progresiva. Os delegados de persoal exercerán de forma mancomunada perante o empresario a repre

sentación para a que foron elixidos, e intervirán en cantas cuestións se susciten en relación coas condicións de traballo e de persoal que representen; formularán reclamacións ante a autoridade laboral ou entidade xestora da Seguridade Social segundo proceda sobre o cumprimento das relativas á seguridade e hixiene no traballo e Seguridade Social. Os comités de empresa recibirán información que lles será facilitada trimestralmente, polo menos sobre a situación da producción e vendas da empresa, sobre a programación de producción e evolución probable do emprego na empresa, coñece-lo balance de resultados, a memoria e, no caso de revesti-la forma xurídica de sociedade dos demais documentos que se dean ós socios e nas mesmas condicións ca estes. Emitir informe con carácter previo sobre reestructuración de cadros de persoal e bancarios.

B) En tódolos contratos, modificacións e prórrogas destes poderase incluír, xunto coa sinatura do empresario e traballador a dun representante sindical dos traballadores; entenderase por estes os membros das seccións sindicais, comité de empresa e delegados de persoal.

C) A dirección da empresa no prazo de unha semana entregará copia do contrato ou documentos que o modifique ós representantes sindicais dos traballadores.

D) Cláusula sobre saldos: tódolos recibos de saldo deberán especificar, con toda claridade, xunto cos demais conceptos debidos ó traballador, os correspondentes atrasos do convenio e os derivados da aplicación da cláusula de revisión se a houbese.

E) As relacións laborais serán prioritariamente de carácter indefinido. Non obstante, cando as circunstancias o esixan poderán celebrar contratos por tempo determinado, respectando o principio xeral de estabilidade e garantindo en todo caso a estricta causalidade da contratación. Para iso, a empresa notificará ós representantes dos traballadores para determinar se as circunstancias específicas xustifican o uso de calquera das modalidades de contratación temporal.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O incremento salarial do presente convenio é dun 4,3% durante a vixencia do convenio.

Segunda.-En todo caso, o que non se atope expresamente previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto na Ordenanza Laboral de Traballo no Comercio, en tanto en canto ámbalas dúas partes non acorden substituíla polo convenio colectivo, no caso de que fose derrogada Lei do Estatuto dos traballadores, así como a Lei orgánica de liberdade sindical e todas aquelas disposicións legais de aplicación.

Terceira.-A comisión paritaria do convenio estará formada polas persoas que integran a mesa negociadora do presente convenio.

Cuarta.-Cláusula de submisión ó AGA.

Ante a importancia que poida supoñer para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego, sobre procedemen

tos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UXT, CC.OO. e CIG as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia del, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA, nos propios termos en que están formulados.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL

Xefe de división96.281 ptas.

Encargado xeral e xefe de compras92.750 ptas.

Xefe de sucursal ou almacén92.779 ptas.

Xefe de sección mercantil89.269 ptas.

Encargado87.515 ptas.

Viaxante87.515 ptas.

Dependente de 25 anos84.009 ptas.

Dependente de 22 a 25 anos79.360 ptas.

Axudante78.317 ptas.

Mozo78.317 ptas.

Traballadores de 16 a 18 anos48.521 ptas.

Xefe administrativo92.779 ptas.

Contable88.567 ptas.

Oficial administrativo84.009 ptas.

Auxiliar administrativo78.316 ptas.

Aspirante de 16 a 18 anos48.548 ptas.

Auxiliar de caixa maior de 20 anos79.361 ptas.

Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos48.548 ptas.

Escaparatista91.726 ptas.

Persoal de limpeza (salario/hora)550 ptas.

5512