Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 28 de agosto de 1995 Páx. 6.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de modificación e substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido no artigo 75 e na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación de transportes terrestres, Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, e artigo 79 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, tramítase expediente de modificación e substitución da concesión do servicio público regular

permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

V-2115; XG-182, entre Vigo-aeroporto de Peinador, e anexo a Santo Estevo de Negros, da titularidade de Viguesa de Transportes, S.A. (Vitrasa).

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las observacións que estimen oportunas no prazo de un mes, contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

95-5602