Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de prazas vacantes no cadro de persoal do Concello de Vilagarcía de Arousa.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesións de datas 16 de marzo e 29 de abril do ano que corre, aprobou a convocatoria e bases xerais e específicas para a provisión de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do concello, que se publican como anexo a este anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 2 de maio de 1995.

Xoaquín Xavier Gago López

Alcalde

Bases xerais e específicas para a provisión das prazas vacantes no cadro de persoal do Concello de Vilagarcía de Arousa, que a continuación se din:

Oferta de emprego público do ano 1995

Funcionarios de carreiraNº prazasSistema de provisión

Cabo da policía local1 prazaPromoción interna

(concurso-oposición)

Garda da policía local7 prazasOposición libre
Auxiliar Admón xeral2 prazasOposición libre

A) Bases xerais

I.-Obxecto da convocatoria.

A provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vilagarcía de Arousa, contidas na oferta de emprego público para 1995.

II.-Número de prazas, natureza e características.

Fixaranse en cada convocatoria específica.

III.-Publicidade das bases e convocatorias.

As bases xenéricas e específicas das probas selectivas, así como as correspondentes convocatorias, publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello; deberá efectuarse anuncio das convocatorias no Boletín Oficial del Estado, que indicará o BOP e o DOG no que se publicaron as bases e convocatoria.

IV.-Condicións dos aspirantes.

a) Ser español (acreditarase mediante fotocopia do DNI compulsada, por ámbolos dous lados).

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 55 na data en que remate o prazo de presentación de instancias, agás que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra idade de xubilación distinta dos 65 anos ou unha idade máxima determinada para o ingreso. Para os efectos de idade máxima de ingreso como funcionario de carreira, compensaranse os servicios prestados anteriormente na Administración local, calquera que sexa a natureza deles.

c) Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela antes de que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou dificulte o desempeño das funcións propias do posto de traballo (acreditarase mediante certificado médico sen prexuízo dun posterior recoñecemento médico por indicación do órgano competente para o seu nomeamento como funcionario de carreira). Para acceder ás prazas de policía local esixirase un recoñecemento médico previo no que se certifique a aptitude física e psíquica dos aspirantes.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Non atoparse incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresadas na tesourería municipal do concello as cantidades

seguintes en concepto de dereitos de exame: prazas do grupo D - 1.500 ptas.

h) Aqueloutras que se sinalen nas bases específicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos ata a data do nomeamento.

V.-Presentación de solicitudes.

As instancias para participar nas probas selectivas convocadas dirixiranse ó alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa, acompañando unha fotocopia do documento nacional de identidade e carta de pagamento xustificativa do ingreso dos dereitos de exame; axustándose ás seguintes normas:

a) O prazo para a presentación de instancias será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria das respectivas prazas no Boletín Oficial del Estado, mediante extracto, e logo de publicación do texto íntegro das bases e convocatoria no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

b) A presentación de instancias poderá facerse no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. As solicitudes que se entreguen, a través da oficina de correos, deberán presentarse en sobre aberto para ser selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

c) O pagamento dos dereitos de exame, fixados na base IV - g), poderá realizarse directamente na tesourería do Concello de Vilagarcía de Arousa ou ben mediante xiro postal ou telegráfico, ou transferencia bancaria dirixida ó concello. De non efectuarse o pagamento directamente na tesourería municipal, os solicitantes farán constar na súa instancia a data do xiro ou transferencia e o número de resgardo.

d) Xuntaranlles ás instancias aqueloutra documentación que se sinale nas bases específicas.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

VI.-Admisión de aspirantes.

a) Finalizado o prazo de vinte días naturais fixado para a presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos con especificación, se é o caso, dos motivos de exclusión, designando o tribunal cualificador e fixando a data e lugar para a celebración das probas selectivas de cada praza.

b) A lista de admitidos e excluídos e a composición do tribunal cualificador, así coma a fixación da data para a celebración das probas publicarase no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

c) Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da publicación da resolución da alcaldía, para emenda-los defectos

que motivaron a exclusión ou omisión, e así mesmo poderán, dentro do citado prazo, recusa-los membros do tribunal por algún dos motivos sinalados no artigo 28.2º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, sen prexuízo de que tamén poidan promove-la recusación en calquera momento da tramitación do procedemento.

d) Transcorrido o prazo de dez días sen reclamacións, a lista de admitidos queda elevada automaticamente a definitiva, no caso contrario exporase de novo a lista definitiva.

e) Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, aprobatoria da lista definitiva de admitidos e excluídos e da composición do tribunal, os aspirantes interesados poderán interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución da alcaldía no BOP, logo de comunicación ó órgano que dicte o acto impugnado.

VII.-Tribunal cualificador.

a) O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:

Presidente: o alcalde ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue, que poderá actuar con voz e voto.

Vocais:

-Un representante designado pola Comunidade Autónoma.

-O xefe do servicio correspondente á especialidade, e de non habelo un funcionario da corporación designado pola alcaldía.

-O concelleiro delegado de persoal, ou de se-lo caso, un concelleiro designado polo alcalde.

-Un concelleiro en representación e por cada un dos grupos políticos da corporación.

-Un funcionario municipal en representación da xunta de persoal, designado por aquela.

-Un funcionario designado pola alcaldía pertencente a calquera das administracións públicas ( Admón. do Estado, autonómica, local ), non podendo recae-la designación en persoa que ostente a condición de concelleiro.

-Un representante do colexio oficial respectivo, no caso de existir este na Comunidade Autónoma, e de non habelo un funcionario designado pola alcaldía.

-Un funcionario de carreira da corporación, designado pola alcaldía.

b) Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza ou estaren integrados no grupo de titulación que corresponda a aquela, agás o presidente, o concelleiro delegado de persoal e os concelleiros en representación dos grupos políticos da corporación.

c) O tribunal poderá acorda-la incorporación ós seus traballos de persoal colaborador ou de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando as circunstancias ou o carácter dalgunha das probas así o aconselle.

Ós membros do tribunal seranlles de aplicación os motivos de abstención e recusación previstos nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común; non poderán ser nomeados membros do tribunal nin tampouco colaboradores ou asesores, aqueles que realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.

d) O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

e) Tódalas actuacións do tribunal publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

f) Os membros do tribunal e asesores que poidan ser designados por aquel, que asistan ás sesións, percibirán axudas de custo por asistencia na contía legalmente establecida. Para tal efecto os tribunais clasifícanse nas seguintes categorías:

Cuarta.-Selección de funcionarios do grupo D.

VIII.-Sistema de selección.

Con carácter xeral establécese o de oposición e concurso-oposición.

IX.-Contido dos exercicios.

As probas de selección conterán exercicios teóricos e prácticos, tendo en conta a natureza e características das prazas convocadas, incorporándose ás bases específicas das respectivas prazas o programa de exercicios teóricos con materias comúns e específicas na proporción axeitada e a descrición dos exercicios prácticos, de conformidade co establecido nos artigos 8 e 9 do Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño.

X.-Comezo dos exercicios.

a) A data e hora para o comezo do exercicio primeiro das probas selectivas anunciarase no BOP e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, polo menos con 15 días de antelación. A data e hora do inicio dos exercicios seguintes só se publicarán no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

b) Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non compareceran a realizalo, agás os casos debidamente xustificados, que serán resoltos debidamente polo tribunal.

XI.-Desenvolvemento dos exercicios.

a) En calquera momento o tribunal poderá requiri-los opositores para acreditaren a súa identidade.

b) A orde de actuación dos opositores para a realización daqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultánea determinarase mediante sorteo

polo tribunal en presencia dos aspirantes e inmediatamente antes do inicio do primeiro exercicio das probas.

c) Se en calquera momento do proceso selectivo chegara a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá propoñer ó alcalde a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.

d) Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que a superaran con indicación da puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de non aptos.

e) Desde o remate dunha proba e o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 20 días.

XII.-Cualificación dos exercicios.

a) Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse de 0 a 10 puntos, sendo necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco puntos.

b) Non obstante terase en conta o que, se é o caso, se dispoña nas bases específicas con respecto á cualificación dalgún/s dos exercicios.

c) O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre coñecemento do idioma galego cualificarase de 0 a 3 puntos.

d) A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros do tribunal. Cando as puntuacións outorgadas polos diferentes membros do tribunal difiran entre si máis de tres puntos farase constar expresamente na acta a cualificación outorgada por cada membro do tribunal.

e) Á cualificación obtida polos aspirantes nas distintas probas obrigatorias e eliminatorias sumaráselle-la a correspondente ó exercicio obrigatorio do idioma galego, para obte-la cualificación final. No caso de empate a orde de puntuación establecerase tendo en conta a maior cualificación obtida no último exercicio obrigatorio e eliminatorio e, se persistise o empate, determinarase polo exercicio anterior e así sucesivamente.

XIII.-Lista de aprobados.

a) O tribunal non poderá declarar que superaron as probas a un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que pase do número de prazas convocadas será nula de pleno dereito.

b) A relación definitiva de aprobados con proposta de nomeamento será publicada no taboleiro de edictos da Casa do Concello, advertíndolles ós aspirantes aprobados que deberán presenta-la documentación esixida nas bases dentro do prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó da súa publicación.

XIV.-Aportación de documentos.

Tendo en conta que os aspirantes para tomar parte nas probas só precisan manifestar na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base IV anterior - agás a carta de pagamento dos dereitos de exame - os aspirantes propostos para ocupa-las prazas convocadas aportarán na secretaría xeral (rexistro xeral do concello), dentro do prazo de 20 días naturais contados desde a data na que se faga pública a relación de aprobados, os documentos que xustifiquen as condicións de capacidade e demais requisitos contidos na base IV.

Se dentro do prazo indicado, e agás causa de forza maior, os aspirantes propostos non presentaran a documentación ou non reuniran os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer por falsidade.

Quen tivese a condición de funcionario público está exento de presenta-la documentación acreditativa das condicións e requisitos xa acreditados, substituíndoa por un certificado para o efecto do organismo no que prestou os seus servicios.

XV.-Período de prácticas e cursos selectivos.

Nas convocatorias específicas poderase prever un período de prácticas ou curso selectivo; se é o caso os aspirantes propostos serán nomeados funcionarios en prácticas.

Por resolución motivada do órgano convocante os aspirantes que non superen o período de prácticas ou curso selectivo, de acordo co procedemento de cualificación previsto na convocatoria, perderán tódolos seus dereitos a ser nomeados funcionarios de carreira.

XVI.-Nomeamento e toma de posesión.

a) Concluído o proceso selectivo, e o período de prácticas ou curso selectivo, se é o caso, os aspirantes aprobados e propostos serán nomeados polo alcalde funcionarios de carreira para ocupa-las prazas convocadas. A proposta do tribunal terá carácter vinculante para a alcaldía.

b) O nomeamento de funcionario de carreira para ocupa-la praza convocada será publicado no Boletín Oficial del Estado.

c) A toma de posesión efectuarase dentro do prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da notificación do nomeamento e se non o fixeran, sen causa xustificada dentro do prazo indicado, quedarán en situación de cesantes.

XVII.-Vinculación das bases.

As bases xerais e as bases específicas da convocatoria das respectivas prazas obrigan á Administración municipal, ó tribunal cualificador e ós aspirantes.

XVIII.-Réxime xurídico supletorio.

No que non estea previsto nas bases xerais e específicas da convocatoria aplicarase o disposto nas seguintes disposicións:

Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988; Lei 7/1985, do 2 de abril; Real decreto

lexislativo 781/1986, do 18 de abril; Real decreto 2223/1984, do 19 de decembro; Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño; e demais normas concordantes.

XIX.-Incidencias.

O tribunal queda autorizado para a interpretación das bases xenéricas e específicas de cada convocatoria así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación; para estes efectos poderá adopta-los acordos necesarios para a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

XX.-Norma derradeira.

As bases xerais e específicas da convocatoria aprobadas polo Pleno da Corporación e cantos actos administrativos se deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Así mesmo a Administración municipal poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na citada Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Bases específicas

I) Praza de cabo da policía local (1)

1ª.-Número de prazas e características.

Convócase unha praza de cabo da policía local, enmarcada no grupo D: escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, categoría cabo. Están dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias ó posto de traballo a que se adscriba a praza.

2ª.-Sistema de selección.

A provisión desta praza levarase a cabo por promoción interna, establecéndose o sistema de concurso-oposición.

3ª.-Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte neste concurso-oposición, non se terán en conta os requisitos sinalados na base IV das xerais, dado o seu carácter de promoción interna, sendo necesario unicamente reuni-los seguintes:

a) Ser funcionario de carreira do Concello de Vilagarcía de Arousa, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, categoría garda, e contar con dous anos de servicios ininterrompidos na devandita categoría.

b) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente (certificación estudios primarios expedido con anterioridade á finalización do curso 1975/76).

c) Estar en posesión do carné de conducir das clases A-1, A-2, B-1 e B-2.

4ª.-Fase de concurso.

Nesta fase que será anterior á de oposición e terá lugar polo menos 48 horas antes do inicio do primeiro exercicio, o tribunal examinará e cualificará os méritos dos aspirantes de acordo cos documentos e xustificantes que, debidamente acreditados, foran presentados polos aspirantes xunto coas súas instancias, e de acordo co baremo de méritos que figura anexo a estas bases.

Esta fase non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición.

Os aspirantes acompañarán ás súas instancias, e no prazo de presentación destas, os documentos e xustificantes, debidamente acreditados, dos méritos que desexen alegar para esta fase de concurso.

5ª.-Exercicios da oposición.

Serán os seguintes:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá no seguinte: contestación dun cuestionario de 30 preguntas, tipo test, no período de tempo que o tribunal determine, e coa seguinte distribución: 12 preguntas de coñecementos xerais sobre cultura xeral, 12 preguntas relacionadas co temario do programa anexo a estas bases (6 da primeira parte e 6 da segunda parte), e 6 preguntas sobre coñecementos de informática a nivel básico.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá en responder por escrito, nun tempo máximo de tres horas, a dous temas sacados ó chou, un de cada unha das partes que compoñen o programa (temario) anexo a estas bases. Valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos, o nivel de formación xeral, a composición gramatical, e a claridade de exposición. O exercicio será lido por cada un dos aspirantes ó final do mesmo, cada quen o seu, diante dos demais aspirantes que desexen presencialo.

Terceiro exercicio: práctico, de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá na realización de un ou varios supostos prácticos por escrito, referente a materias relacionadas co cargo, no tempo que o tribunal determine, en cada caso.

Cuarto exercicio: proba de coñecemento do idioma galego. De carácter obrigatorio pero non eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá na traducción directa, sen axuda de diccionario, dun texto elixido polo tribunal, do idioma galego para o castelán e/ou viceversa.

6ª.-Cualificación dos exercicios.

Conforme o sinalado na base XII das xerais. Non obstante de conformidade co estipulado no apartado b) da devandita base terase en conta o seguinte:

a) Para supera-lo primeiro exercicio os aspirantes para acada-la puntuación mínima de 5 puntos deberán ter contestadas correctamente un mínimo de 20 das cuestións que se formulen, puntuando a partir de aí

0,50 puntos por cada cuestión contestada correctamente, a maiores.

7ª.-Curso de formación teórico-práctico.

O aspirante proposto polo tribunal, unha vez aportada a documentación esixida nas bases, será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan a esta situación, debendo superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.

Programa anexo á convocatoria de cabo da policía local

Grupo A)

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 2.-Organización territorial do Estado.

Tema 3.-Os estatutos de autonomía. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 4.-Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 5.-Os órganos de goberno municipais. O alcalde: concepto, carácter, elección e funcións. O Pleno do Concello. A Comisión Municipal de Goberno.

Tema 6.-Policía local. Concepto. Regulación xurídica. Organización. Funcións. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. Dependencia da policía local.

Tema 7.-O réxime disciplinario na policía local. Faltas moi graves, graves e leves. Procedemento para a corrección das faltas. O expediente disciplinario.

Tema 8.-Organización do traballo. Análise das tarefas. Tarefas que corresponden a cada categoría. Avaliación do desenvolvemento profesional dos subordinados. Proceso de toma de decisións.

Tema 9.-O mando. Concepto. Cualidades. Características. Exercicio do mando. Funcións do mando.

Tema 10.-Comunicación e información: proceso de comunicación. Clases. Distorsión da información. Problemas da comunicación. O feed-back. Técnicas para control de reunións. As ordes.

Grupo B)

Tema 1.-Regulación lexislativa en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Lei 18/1989, do 25 de xullo, de bases sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor, e seguridade vial. Real decreto 13/1992, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado. Real decreto 320/1994, do 25 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do procedemento sancionador en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. O Código da Circulación.

Tema 2.-Organismos oficiais que interveñen en materia de circulación. Policía de circulación. Facultades dos alcaldes en materia de circulación.

Tema 3.-Circulación de animais. Circulación de vehículos de tracción animal. Circulación de vehículos automóbiles. Circulación de peóns, bicicletas e ciclomotores. Circulación urbana.

Tema 4.-Normas de circulación. Manobras. Vías en reparación. Carga e descarga. Sinais de circulación.

Tema 5.-Permisos de conducción: as súas clases. Licencias de conducción.

Tema 6.-Documentación de vehículos. Permisos de circulación. Tarxeta de inspección técnica. Autorización de vehículos destinados a transporte escolar. Tarxetas de transporte. Seguro obrigatorio.

Tema 7.-A infracción, sanción e medidas preventivas. Procedemento sancionador. Retirada de vehículos da vía pública. Retirada do permiso de conducción.

Tema 8.-A Lei 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá. Aspectos máis significativos.

Tema 9.-Accidentes de circulación: o atestado.

Tema 10.-Tráfico e policía local. Organización e misións. Servicios que hai que realizar. Regulación do tráfico. Denuncias e infraccións e investigación de accidentes.

Tema 11.-A Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade. Concepto, natureza e fins.

Tema 12.-Función da policía local en materia de orde pública, seguridade cidadá, policía xudicial e policía de espectáculos.

Tema 13.-O Código Penal. Os delictos e as faltas. As persoas responsables. Grao de participación. Grao de execución.

Tema 14.-Delictos contra as persoas. Delictos contra a propiedade.

Tema 15.-A detención. Delictos contra liberdade e seguridade.

Tema 16.-Ordenanzas municipais. Ordenanza de retirada e depósito de vehículos. Ordenanza complementaria de tráfico. Ordenanza sobre ruídos e vibracións.

Baremo de méritos anexo á convocatoria da praza de cabo da policía local.

A) Experiencia profesional:

Como servicios prestados como garda da policía local, en propiedade, 0,25 puntos por cada 6 meses completos, ata un máximo de 5 puntos.

B) Formación:

1.-Por diplomas ou certificacións de asistencia a cursos relacionados coas funcións da policía local:

-Cunha duración superior a 20 horas, 0,50 puntos cada un.

-Cunha duración entre 10 e 20 horas, 0,25 puntos cada un.

-Cunha duración inferior a 10 horas, 0,10 puntos cada un.

Ata un máximo no seu conxunto de 3 puntos.

2.-Por estar en posesión de titulación académica superior á do grupo de titulación correspondente á praza, 1 punto. Só se valorará un título superior.

3.-Coñecemento do idioma galego. Por ter superado o curso de iniciación 0,50 puntos. No caso de te-lo curso de perfeccionamento puntuarase globalmente con 1 punto.

C) Outros méritos.

Por outros méritos en relación coa praza convocada, e que non teñan cabida nos apartados anteriores, serán avaliados polo tribunal ata un máximo global no seu conxunto de 1 punto.

II) Prazas de gardas da policía local (7)

1ª.-Número de prazas e características.

Convócanse sete prazas de gardas da policía local, enmarcadas no grupo D: escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, categoría garda. Están dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias ó posto de traballo a que se adscriba a praza.

2ª.-Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre.

3ª.-Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán:

a) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente (certificación de estudios primarios expedido con anterioridade á finalización do curso 1975/76).

b) Estar en posesión do carné de conducir das clases A-1, A-2, B-1 e B-2.

c) Non exceder da idade de 30 anos o día no que finalice o prazo de presentación de instancias.

d) Te-la estatura mínima de 1,70 m os aspirantes masculinos e 1,65 m as aspirantes femininas.

Deberán aportar xunto coa súa instancia certificado médico oficial que acredite que os aspirantes reúnen as condicións físicas necesarias para realiza-las probas físicas a que se refire a convocatoria, así como fotocopia do carné de conducir.

4ª.-Exercicios da oposición.

Serán os seguintes:

Primeiro exercicio: exame psicotécnico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Irá dirixido á avaliación da capacidade de razoamento e planificación do aspirante, así como dos riscos

de personalidade e actitude máis adecuadas á función que van desenvolver.

Levarase a cabo mediante test normalizados e a avaliación dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes, consistente na realización das seguintes probas físicas:

a) Proba de resistencia, consistente en percorre-la distancia de 1000 metros lisos. Nesta proba só se permitirá un intento.

b) Proba de velocidade, consistente en percorre-la distancia de 50 metros lisos. Só se permitirá un intento.

c) Lanzamento de balón medicinal: o aspirante, situado tras unha liña e cos pés xuntos, lanzará por enriba da cabeza sen desprazamento do corpo, un balón medicinal, de 5 kg os homes e de 3 kg as mulleres. Nesta proba permitirase un máximo de tres intentos.

d) Flexións de brazo: o aspirante deberá realizar un mínimo de 15 flexións nun tempo máximo de 60 segundos. Nesta proba só se permitirá un intento.

e) Salto de lonxitude: o aspirante deberá dar un salto lonxitudinal, de 3,5 metros os homes e de 3 metros as mulleres, como mínimo. Nesta proba permitirase un máximo de tres intentos.

f) Salto vertical: O aspirante firme co brazo dereito ou esquerdo totalmente estendido cara a arriba marca a altura que alcanza cos dedos nesta posición. A continuación salta tanto como poida e marca de novo o nivel alcanzado. A marca mínima será de 45 cm para os homes e de 35 cm para as mulleres. Nesta proba permitirase un máximo de tres intentos.

Na base V establécese a puntuación correspondente a cada unha das probas deste exercicio.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá en contestar oralmente nun tempo máximo de trinta minutos a dous temas sacados ó chou, un de cada unha das partes que compoñen o programa (temario) anexo a estas bases. Valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos, o nivel de formación xeral, a composición gramatical, e a claridade de exposición. O exercicio terá carácter público.

Cuarto exercicio: práctico, de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá na realización de un ou varios supostos prácticos por escrito (atestado, parte ou documento referente a problemas de circulación rodada, e outras materias relacionadas co cargo), no tempo que o tribunal determine, en cada caso.

O exercicio será lido por cada un dos aspirantes ó final do mesmo, cada quen o seu, diante dos demais aspirantes que desexen presencialo.

Quinto exercicio: proba de coñecemento do idioma galego. De carácter obrigatorio pero non eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá na traducción

directa, sen axuda de diccionario, dun texto elixido polo tribunal, do idioma galego para o castelán e/ou viceversa.

Sexto exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Pasar un recoñecemento médico para avaliar se se posúen as condicións físico-psíquicas mínimas de acordo co seguinte cadro de exclusións médicas:

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento, que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desenvolvemento das súas funcións policiais.

Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición: agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hercios a 35 decibelios, ou de 4.000 hercios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor; alteracións do aparato locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo; úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular: hipertensión arterial de calquera causa, non debendo supera-las cifras en reposo os 145 mm/Hg en presión sistólica, e os 90 mm/Hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio: asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o pneumotórax espontáneo (en máis de unha ocasión), a tuberculose pulmonar

activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.5. Sistema nervioso: epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.6. Pel e faneras: psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos: diabetes, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidad de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o apartado 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso e, no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

5ª.-Cualificación dos exercicios.

Conforme o sinalado na base XII das xerais. Non obstante de conformidade co estipulado no apartado b) da devandita base terase en conta o seguinte:

a) Para supera-lo segundo exercicio, probas físicas, será necesario acadar un mínimo de 5 puntos en catro das seis probas de que consta. A puntuación deste exercicio será a media aritmética das puntuacións obtidas en cada proba, e tendo en conta sempre o anterior.

A puntuación correspondente a cada unha das probas será a seguinte:

a) Proba de resistencia:

Tempo-puntos (homes)Tempo-puntos (mulleres)

4,21'' ou máis05,05'' ou máis0
4,16'' a 4,20''15,01'' a 5,05''1
4,11'' a 4,15''24,56'' a 5,00''2
4,06'' a 4,10''34,51'' a 4,55''3
4,01'' a 4,05''44,46'' a 4,50''4
3,56'' a 4,00''54,41'' a 4,45''5
3,51'' a 3,55''64,36'' a 4,40''6
3,46'' a 3,50''74,31'' a 4,35''7
3,41'' a 3,45''84,26'' a 4,30''8
3,36'' a 3,40''94,21'' a 4,25''9
3,35'' ou menos104,20'' ou menos10

b) Proba de velocidade:

Tempo-puntos (homes)Tempo-puntos (mulleres)

máis de 10'',600máis de 11'',600
10'',30111'',301

Tempo-puntos (homes)Tempo-puntos (mulleres)

10''211''2
9'',60310'',603
9'',30410'',304
9''510''5
8'',6069'',606
8'',3079'',307
8''89''8
7'',6098'',609
menos de 7'',3010menos de 8'',3010

c) Lanzamento de balón medicinal:

DistanciaPuntos

Menos de 4,25 m0
4,50 m1
4,75 m2
5,00 m3
5,25 m4
5,50 m5
5,75 m6
6,00 m7
6,25 m8
6,50 m9
Máis de 6,75 m10

d) Flexións de brazo:

FlexiónsPuntos

Menos de 110
111
122
133
144
155
166
177
188
199
Máis de 1910

e) Salto de lonxitude:

Lonxitude-Ptos. (homes)Lonxitude-Ptos. (mulleres)

Menos de 3 m0Menos de 2,5 m0
3,1 m12,61
3,2 m22,7 m2
3,3 m32,8 m3
3,4 m42,9 m4
3,5 m53 m5
3,6 m63,1 m6
3,8 m73,3 m7
4 m83,5 m8
4,2 m93,7 m9
máis de 4,4 m10máis de 3,9 m10

f) Salto vertical:

Puntos (homes)Puntos (mulleres)

Menos de 20 cm0Menos de 10 cm0
25 cm115 cm1
30 cm220 cm2
35 cm325 cm3
40 cm430 cm4
45 cm535 cm5
50 cm640 cm6
55 cm745 cm7
60 cm850 cm8
65 cm955 cm9
Máis de 70 cm10Máis de 60 cm10

b) Con respecto ó exercicio sexto, cualificarase de apto ou non apto segundo o resultado do recoñecemento médico.

6ª.-Curso de formación teórico-práctico.

Os aspirantes propostos polo tribunal, unha vez aportada a documentación esixida nas bases serán nomeados funcionarios en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan a esta situación, debendo superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, antes do seu nomeamento definitivo como funcionarios de carreira.

Programa anexo á convocatoria de gardas da policía local

Grupo A)

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 2.-Organización territorial do Estado.

Tema 3.-Os Estatutos de autonomía. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 4.-Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 5.-Os órganos de goberno municipais. O alcalde: concepto, carácter, elección e funcións. O Pleno do Concello. A Comisión Municipal de Goberno.

Tema 6.-A función pública local. A súa organización. Grupos que a integran. Adquisición e perda da condición de funcionario.

Tema 7.-Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Tema 8.-Policía local. Concepto. Regulación xurídica. Organización. Funcións. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Grupo B)

Tema 1.-Regulación lexislativa en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Lei 18/1989, do 25 de xullo, de bases sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo,

polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor, e seguridade vial. Real decreto 13/1992 do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado. Real decreto 320/1994, do 25 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do procedemento sancionador en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. O Código da Circulación.

Tema 2.-Organismos oficiais que interveñen en materia de circulación. Policía de circulación. Facultades dos alcaldes en materia de circulación.

Tema 3.-Circulación de animais. Circulación de vehículos de tracción animal. Circulación de vehículos automóbiles. Circulación de peóns, bicicletas e ciclomotores. Circulación urbana.

Tema 4.-Normas de circulación. Manobras. Vías en reparación. Carga e descarga. Sinais de circulación.

Tema 5.-Permisos de conducción: as súas clases. Licencias de conducción.

Tema 6.-Documentación de vehículos. Identificación de vehículos. Permisos de circulación. Tarxeta de inspección técnica. Autorización de vehículos destinados a transporte escolar. Tarxetas de transporte. Seguro obrigatorio.

Tema 7.-A infracción. O procedemento sancionador. Retirada do permiso de conducción. Medidas cautelares: inmobilizacións de vehículos, retirada de vehículos da vía pública.

Tema 8.-A Lei 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá. Aspectos máis significativos.

Tema 9.-Accidentes de circulación: o atestado.

Tema 10.-A Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade. Concepto, natureza e fins.

Tema 11.-Función da policía local en materia de orde pública, seguridade cidadá, policía xudicial e policía de espectáculos.

Tema 12.-O Código Penal. Os delictos e as faltas. As persoas responsables. Grao de participación. Grao de execución.

Tema 13.-Delictos contra as persoas. Delictos contra a propiedade.

Tema 14.-A detención. Delictos contra a liberdade e a seguridade.

Tema 15.-Ordenanzas municipais. Ordenanza de retirada e depósito de vehículos. Ordenanza complementaria de tráfico. Ordenanza sobre ruídos e vibracións.

Tema 16.-A policía local e a aplicación das ordenanzas de policía e bo goberno, e fiscais.

Tema 17.-A policía local e o urbanismo.

Tema 18.-A policía local e as funcións de sanidade e abastecemento. Referencia ás licencias de apertura de establecementos.

Tema 19.-A policía local e os bens e instalacións municipais.

Tema 20.-Bandos da alcaldía. A policía local e as funcións de seguridade cidadá. Os servicios de extinción de incendios e protección de persoas e bens: actuación da policía.

III) Dúas prazas de auxiliar de Administración xeral

1ª.-Número de prazas e características.

Convócanse dúas prazas de auxiliar de administración xeral, enmarcadas no grupo D: escala Administración xeral, subescala auxiliar, denominación auxiliar. Están dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias ó posto de traballo a que se adscriba a praza.

2ª.-Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre.

3ª.-Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente (certificación de estudios primarios expedido con anterioridade á finalización do curso 1975/76).

4ª.-Exercicios da oposición.

Serán os seguintes:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Este exercicio consistirá nunha copia con máquina de escribir manual, durante dez minutos, dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima de 250 pulsacións por minuto.

Cualificarase individualmente a velocidade desenvolvida, a limpeza e exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito de acordo cun baremo obxectivo que estableza o tribunal.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá en responder por escrito, nun tempo máximo de tres horas, a dous temas sacados ó chou, un de cada unha das partes que compoñen o programa (temario) anexo a estas bases. Valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos, o nivel de formación xeral, a composición gramatical, e a claridade de exposición. O exercicio será lido por cada un dos aspirantes ó final del, cada quen o seu, diante dos demais aspirantes que desexen presencialo.

Terceiro exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de sesenta minutos, un tema de carácter xeral, extraído ó chou de entre tres propostos polo tribunal, e relacionado co programa anexo á convocatoria, aínda que non se ateña a epígrafe concreto do mesmo. Avalia

ranse os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral, a composición gramatical e a claridade de exposición.

O tribunal determinará neste exercicio a posibilidade de que sexa lido polos opositores, que nese caso terá carácter público e será obrigatoria a lectura, levándose a cabo nos días e horas que o tribunal sinale.

Cuarto exercicio: proba de coñecemento do idioma galego. De carácter obrigatorio pero non eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá na traducción directa, sen axuda de diccionario, dun texto elixido polo tribunal, do idioma galego para o castelán e/ou viceversa.

5ª.-Cualificación dos exercicios.

Conforme o sinalado na base XII das xerais.

Programa anexo á convocatoria de auxiliar

Grupo A)

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes dos españois. A Coroa.

Tema 2.-Os poderes do Estado: a división de poderes.

Tema 3.-As comunidades europeas. A acta única europea e o Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servicios e capitais. Breve referencia ás institucións da Comunidade Económica Europea (Unión Europea).

Tema 4.-O Estatuto de autonomía de Galicia: Principios xerais e estructura.

Tema 5.-A Administración pública no ordenamento español. Administración do Estado. Administración autonómica. Administración local. Administración institucional e corporativa.

Tema 6.-Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.

Tema 7.-O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo xeral.

Tema 8.-Formas de acción administrativa. Fomento. Policía. Servicio público.

Tema 9.-Facenda pública e Administración tributaria.

Grupo B)

Tema 1.-Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 2.-O Municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Breve referencia á provincia. A súa organización e competencias.

Tema 3.-Organización municipal. Competencias.

Tema 4.-Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores. Relacións entre entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.

Tema 5.-Ordenanzas e Regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 6.-A función pública local e a súa organización.

Tema 7.-Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Dereito de sindicación. Seguridade Social. Faltas e sancións dos funcionarios locais. O procedemento disciplinario.

Tema 8.-Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos de presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 9.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.

Tema 10.-Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local. Os orzamentos locais.

Tema 11.-Partes dun ordenador. A memoria e os seus tipos: memoria principal e memorias secundarias (disquetes, discos duros). Periféricos de entrada/saída. Software básico e de aplicación. Os principais sistemas operativos e a súa función.

Tema 12.-Tratamento de textos: principais operacións nun tratamento de textos, finalidade, principais programas existentes. Bases de datos: concepto, finalidade.

Vilagarcía de Arousa, 2 de maio de 1995.

Xoaquín X. Gago López

Alcalde