Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

A corporación municipal, na sesión do 27 de xullo último, acordou a aprobación inicial dos plans parciais redactados polos arquitectos Daniel Rodríguez e José Martínez, S.C., correspondentes ás unidades de execución dos sectores C e H das normas subsidiarias, solo apto para urbanizar, e nestes plans prevese a ocupación directa dos terreos afectados conforme o artigo 203 da Lei do solo.

O que se fai público de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei do solo e 128 do Regulamento de planeamento, quedando toda a documentación do expediente exposta ó público na secretaría municipal durante o prazo de un mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan examinala e formula-las alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes.

Barbadás, 4 de agosto de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-5536