Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 14 de xullo de 1995, acordou aprobar definitivamente o proxecto de reparcelación relativo á zona do Peruleiro-Manuel Murguía.

O que se fai público, advertindo que contra o presente acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comu

nicarse previamente a esta administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

A Coruña, 28 de xullo de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-5667