Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1995 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para contrata-la subministración de diverso material para equipamento docente de laboratorios. (Expediente número 031/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, da subministración que a continuación se indica:

Obxecto: diverso material (oficina, informático, de laboratorios...) para equipamento docente de laboratorios (expediente número 031/1995).

Orzamento de licitación: 389.288.619 ptas. IVE incluído.

Garantías:

Provisional - 2% do importe de licitación correspondente ó lote/s que se concorra.

Definitiva - 4% do importe de licitación correspondente ó lote/s dos que resulte adxudicatario.

Prazo de entrega: un mes segundo o indicado no prego de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º planta, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto,

1-planta bixa C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), das 9 ás 14 horas de luns a venres e de 9 ata as 13 horas os sábados.

Data de envío ó DOCE: 11 de agosto de 1995.

Prazo de presentación: o prazo límite para a recepción das ofertas rematará ó día 2 de outubro de 1995 ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do Rectorado r/ Oporto, 1-Vigo (Pontevedra), ás 11 horas do día 4 de outubro de 1995.

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Tratándose de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estea establecidos.

-Solvencia técnica: mostas, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar. Relación das prinncipais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, incorporando os seus correspondentes certificados.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministar fíxase en un ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá por conta da/s empresa/s adxudicataria/s.

O rector

Rubricado

5659