Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de moblaxe de oficina para as dependencias do programa socio-sanitario (SCC.-31/95).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: moblaxe de oficina para as dependencias do programa socio-sanitario (SCC.-31/95).

Orzamento: 4.898.000 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: 97.960 ptas.

-Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

-Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

-Admisión de variantes: admítense ata dúas variantes, de acordo coa cláusula 9.3º 2) do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Solvencia económica e financeira: acreditarase:

a) Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificantes da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

b) Declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

-Solvencia técnica: acreditarase:

a) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre os mesmos.

b) Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

c) Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas.

-Criterios de adxudicación:

1.-Calidade dos materiais e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2.-Prezo ofertado: ata 4 puntos.

3.-Prazo de entrega: ata 3 puntos.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de con

tratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

-Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

-Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1995.

O presidente do Servicio Galego de Saúde

P.D. (Orde C. 31-7-1995)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

5648