Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de arquivos de historias clínicas, con destino ós centros de saúde de Narón, Vilagarcía de Arousa e As Fontiñas (Santiago de Compostela) (SCC.-30/95).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: arquivos de historias clínicas para os centros de saúde de Narón, Vilagarcía de Arousa e As Fontiñas (Santiago de Compostela) (SCC.-30/95).

Orzamento: 9.300.000 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: 186.000 ptas.

Lote nº 1: arquivos do centro de saúde de Narón.

Orzamento: 3.050.000 ptas.

Fianza provisional: 61.000 ptas.

Lote nº 2: arquivos do centro de saúde de Vilagarcía de Arousa.

Orzamento: 2.250.000 ptas.

Fianza provisional: 45.000 ptas.

Lote nº 3: arqulivos do centro de saúde das Fontiñas (Santiago de Compostela).

Orzamento: 4.000.000 de ptas.

Fianza provisional: 80.000 ptas.

-Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

-Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

-Admisión de variantes: non se admiten variantew.

-Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16.1º c) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

-Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18º a) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

-Criterios de adxudicación:

1.-Calidade dos materiais e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2.-Prezo ofertado: ata 4 puntos.

3.-Prazo de entrega: ata 3 puntos.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos

Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

-Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

-Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1995.

O presidente do Servicio Galego de Saúde

P.D. (Orde C. 31-7-1995)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

5651