Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.607

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate e de notificación (511/1992-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo 511/1992, que se segue neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros Municipal de Vigo, representado polo procurador Ricardo García Picoli, contra María Pilar Pose Martínez e Georgino Otero Rodríguez, por medio da presente cédula cítase de remate a Georgino Otero Rodríguez, con domicilio actual descoñecido, para que no termo de nove días se persone en autos e se opoña á execución, se lle conviñese, coa prevención que de non facelo no prazo indicado será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen facerlle máis notificacións nin citacións que as que a lei determine.

Faise constar que se practicou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro.

O mesmo tempo notifícase pola presente cédula a existencia deste procedemento á esposa do demandado Jocelyne Claude Thvilier, para os efectos previdos no artigo 144 do Regulamento hipotecario. E para que sirva de citación de remate a Giorgino Otero Rodríguez e de notificación da existencia do procedemento á súa esposa antes mencionada, libro a presente cédula en Santiago de Compostela o 19 de xuño de 1995.

O secretario

Rubricado

95-4869