Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.606

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (250/1994).

En virtude do acordado pola secretaria en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, Couto Rivas, en Resolución do 15 de xuño de 1995, dictada en autos de xuízo sumario hipotecario, artigo 131 da Lei hipotecaria, promovidos polo Banco de Galicia, representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, contra Eugenio Blanco Domínguez e Manuela Negreira Noya, sobre reclamación de crédito hipotecario e contía de 17.156.429 pesetas, (dezasete millóns cento cincuenta e seis mil catrocentas vintenove), dos cales dezaseis millóns cento cincuenta e catro mil setecentas oitenta e sete pesetas, corresponden ó principal, e un millón unha mil seiscentas corenta e dúas pesetas a xuros producidos ata o día 4 de xullo de 1994, sen prexuízo dos demais xuros que se produzan ata un máximo de 9.045.000 pesetas e os gastos e custas que se produzan, ata un máximo de 3.400.000 pesetas, acordouse sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os predios de prezo taxados polos

interesados son os da escritura de constitución da hipoteca, e que se describen ó final; o remate deste terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes:

Sinalamentos das poxas:

Primeira poxa. A celebra-lo 2 de outubro de 1995 ás 10 horas.

Segunda poxa. A celebra-lo 7 de novembro de 1995 ás 10 horas.

Terceira poxa. A celebra-lo 5 de decembro de 1995 ás 10 horas.

Condicións das poxas:

Primeira.-Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría do xulgado.

Segunda.-Desde o anuncio ata a celebración da poxa poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, e depositaranse na conta de depósitos e consignacións dese xulgado, acompañando a este resgardo acreditativo de ter ingresado a consignación que logo se sinalará, ofertas que se conservarán en poder do secretario do xulgado, e que se abrirán no acto de remate.

Terceira.-Para tomaren parte na primeira poxa deberán os interesados ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado 156900018013893 do Banco Bilbao Vizcaya, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento da taxación dos predios.

Cuarta.-As ofertas poderán facerse en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-Para o caso de non haber oferta admisible na primeira poxa, convócase unha segunda poxa con rebaixa do vintecinco por cento da taxación, baixo a mesmas condicións que quedan ditas e establecerase

a consignación á que se refire o apartado anterior, no vinte por cento da cantidade rebaixada.

Sexta.-A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo nas mesmas condicións que as anteriores, e deberán consigna-los interesados para poderen participar nela unha cantidade igual que a sinalada para a segunda poxa.

Sétima.-A parte demandante está exenta da cosnignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava.-Todo licitador enténdese que aceptará como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os hai, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

Predios para poxar e o seu tipo:

-Concello de Val do Dubra, parroquia de Santa Mariña de Sanromán.

1. Resto do predio. Labradío no sitio de Lesta de Arriba, de doce áreas, noventa e catro centiáreas. Linda: norte, parcela separada da mesma e adxudicada a Juan Blanco Domínguez, sur Argentina Domínguez e de Emilia Domínguez, leste, Daniel Nieto Domínguez, e oeste, estrada de Santiago de Compostela.

Referencia rexistral. O predio matriz do que procede figura inscrito no tomo 224, libro 40, folio 2 e volto predio 5.883.

Tipo de taxación para efectos de poxa. 3.570.000 pesetas.

2. Casa de planta baixa e piso alto, no lugar de Lesta, cun alpendre unido polo leste e por diante deste un anaco de terreo, extensión total: cinco cuartillos ou cento trinta metros cadrados. Linda norte, Argentina Domínguez, sur, predio que se describe a continuación, leste, predios 450 e 449 do plano de concentración e oeste, estrada de Carballo a Portomouro.

Referencia rexistral. Tomo 211, libro 32, folio 226, predio número 4.114.

Tipo de taxación para efectos de poxa. 14.280.000 pesetas.

3. Predio número 449 do plano de concentración parcelaria da zona, labradío e prado sito no lugar de Lesta de Arriba, de vinteunha áreas, vinte centiáreas. Linda: norte, Argentina Domínguez e Ramón Pombo Blasa, e ademais, na realidade, o predio antes descrito, sur, Benedicto Dimínguez, leste, Manuel Nieto Domínguez, e Benigno Blanco Vázquez, regato en medio e oeste, Argentina Domínguez e estrada de Santiago de Compostela a Bembibre, e, ademais, en realidade, o predio antes descrito. Indivisible.

Referencia rexistral. Tomo 211, libro 32, folio 226, predio número 4.114, do Rexistro da Propiedade de Ordes.

Tipo de taxación para efectos de poxa. 7.140.000 pesetas.

4. Predio número 454-1 do plano de concentración da zona. Labradío no sitio de Lesta de Arriba, de corenta e sete áreas, trinta centiáreas. Linda: norte, Manuel Nieto Domínguez, regato en medio, sur, zona excluída, regato en medio, leste Argentina Domínguez, José Ramón Domínguez García e saída a camiño construído por concentración parcelaria, e oeste, Emilia Domínguez, hoxe destes comparecen, Benito Domínguez e Perfecto Domínguez.

Referencia rexistral. Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 211,libro 32, folio 231, predio número 4119.

Tipo de taxación para efectos de poxa. 4.100.000 pesetas.

5. Monte Granxa, de catro ferrados e doce cuartillos ou vinteoito áreas setenta e seis centiáreas. Linda: norte, de Ignacio Domínguez, sur, herdeiros de Roque Patiño, leste, os irmáns Perfecto e Benedicto Domínguez, e oeste de Carmen Domínguez.

Referencia rexistral. Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 256, libro 51, folio 134, predio 8.683.

Tipo de taxación para efectos de poxa. 1.785.000 pesetas.

E para que así conste e sirva de anuncio para o taboleiro de anuncios deste xulgado, para os diarios oficiais en que se acordou a súa inserción, así como de notificación ós debedores, en caso de que estes non fosen achados no predio, expido, selo e asino o presente edicto en Ordes o 6 de xullo de 1995.

María Esther Couto Rivas

Secretaria en funcións

95-4863