Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.607

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (237/1995).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue expediente de declaración de herdeiros ab intestato nº 237/95 de José Andrade, Ramón Ruanova Andrade, Antonio Ruanova Andrade e Manuel Ruanova Andrade promovidos por Manuela Ruanova Vieites, polo que se anuncia o falecemento sen testar de José Andrade, Ramón Ruanova Andrade, Antonio Ruanova Andrade e Manuel Ruanova Andrade reclamándose a herdanza polos seus sobriños Juan, María Victoria, Rafael, José, Arturo e Manuela Ruanova Vieites e polo que se chama ós que se crean con igual ou mellor dereito para que comparezan no xulgado a reclamalo dentro de trinta días.

En Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-5462