Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.600

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1995 pola que se declara deserta a praza 20/1994, pertencente ó corpo docente de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de bioloxía vexetal, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente.

Como queira que o aspirante presentado non superou a primeira proba do proceso selectivo.

Visto o artigo 9.3º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven,

RESOLVEU:

Primeiro.-Declarar finalizado o concurso.

Segundo.-Declarar deserta a praza 20/1994 convocada por Resolución do 28 de outubro de 1994 (BOE do 14-11) pertencente ó corpo docente de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de bioloxía vexetal e adscrita ó departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de xullo de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5605