Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.600

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1995 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química desta universidade, a Herminia Domínguez González.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 20 de setembro de 1994 (BOE do 10-10), para a provisión de unha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo, a prol de Herminia Domínguez González, DNI nº 34.957.278, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Herminia Domínguez González profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de xullo de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-5445