Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.589

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0005182/1995, interposto polo Concello de Lugo.

Ponse en xeral coñecemento que, con esta data, se lle remite ó presidente da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado pola citada sala en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/0005182/1995, interposto polo Concello de Lugo, contra resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, Secretaría Xeral de Comunicación, sobre denegación de

subvención para emisora local, co fin de que poidan comparecer perante o devandito tribunal e constituírse en parte nos mentados autos no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, de medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1995.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

9505610