Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 23 de agosto de 1995 Páx. 6.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e mediante tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia.

Obxecto: consultoría e asistencia para elaboración de informes e supervisión de proxectos da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Orzamento de honorarios: 4.500.000 ptas.

Prazo de execución: 1 ano.

Clasificación: non se esixe.

Fianza definitiva: non se esixe.

Exposición de documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares poderá examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais (Subdirección Xeral de Administración e Xestión Orzamentaria), edi

ficio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 14 horas, durante o prazo de presentación.

Prazo de presentación de solicitudes: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas (anexo I).

Apertura de proposicións: realizaraa a Mesa de Contratación na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais, a partir das 10 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado a apertura de proposicións realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Anuncios: o importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1995.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

5333