Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 23 de agosto de 1995 Páx. 6.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 24 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de caza número 94/0102.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6 de abril), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30 de marzo, corrección de erros nº 112, do 11 de maio), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir

do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacions coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que consta no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 24 de maio de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: caza 94/0102.

Denunciado: Domingo Míguez Pensado.

DNI: 76.458.120.

Último enderezo coñecido: Travesía do Carme, 1, Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos imputados: cazar sen permiso do couto.

Tipificación da infracción:

-Artigo infrinxido: 48.1º 8.

-Cualificación infracción: 48.1º 8.

Sanción: 5.000 ptas.

5634