Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 23 de agosto de 1995 Páx. 6.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1995, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se resolve a clasificación dos montes Bouza Vella, Lomba do Porto e Lomba, pertencentes á parroquia de Areas, concello de Ponteareas.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día vinte de xuño de mil novecentos noventa e

cinco, nos locais da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo de citación para o efecto, reúnese o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común coa asistencia das seguintes persoas:

Presidente:

Manuel Abeledo López

Vicepresidente:

José J. Barreiro Prado

Vocais:

José L. Díez Yáñez

Luis Mª Muíños Vidueira

Serafín Quinteiro Blanco

Vocais representantes da comunidade veciñal de Areas. Ponteareas:

Silverio Cabaleiro Lorenzo

Álvaro Carrera Domínguez

Secretaria:

Ramona C. Fernández Álvarez

1.-No expediente de clasificación cumpríronse as prescricións estableidas na Lei de montes veciñais 13/1989 e o seu regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, emitindo o correspondente informe ó Servicio Forestal, non comparecendo no expediente o Concello de Ponteareas, e ningunha outra persoa ou entidade en calidade de interesado. Solicitouse a práctica da correspondente anotación preventiva no Rexistro da Propiedade, que acordou non acceder a esta ó non estaren inscritas aquelas na citada oficina pública. Fixéronse as correspondentes publicacións e notificacións que a lei e o regulamento sinalan.

2.-Os montes obxecto do expediente son os que a continuación se describen:

Primeira parcela: Lomba do Porto.

Cabida: 2,37 ha.

Límites:

Norte: estradas de Ponteareas a Cillarga.

Sur: camiño público. Estrada de Areas a Ribadetea e fábrica.

Leste: estrada de Ponteareas a Cillarga.

Oeste: propiedade de Porto Barreiro.

Segunda parcela: Bouza Vella.

Cabida: 2,25 ha.

Límites:

Norte: propiedade de Luciano Pereira.

Sur: propiedade de herdeiros de José Ucha Bugarín, de Luis Fernández Troncoso.

Leste: propiedade de Dorinda Amil, herdeiros de Domingo Carrera, María Prego e Manuel Ucha.

Oeste: propiedade de Manuel Ucha.

Terceira parcela: Lomba.

Cabida: 5,300 m.

Límites:

Norte e leste: estrada de Cillarga e Ponteareas.

Sur: herdeiros de Modesto Covelo e outros.

3.-O relator acompañado de dous membros da Xunta Rectora da Comunidade Veciñal procedeu a visita-los montes. Despois dun detido percorrido por todos e cada un deles, e do exame do expediente, especialmente do informe emitido polo Servicio Forestal, e non existindo aportación de documentación histórica referente ás ditas parcelas de monte, das cales se pretende a clasificación, cómpre face-las seguintes consideracións:

Polo que respecta á parcela de monte denominado Lomba do Porto, non existe a máis mínima dúbida sobre o seu carácter veciñal, pois, se ben non se realizan aproveitamentos de carácter forestal, xa que existe nela un campo de fútbol, asemade unha pista de festexos, e outros residuos e restos de construccións, é evidente o seu aproveitamento e utilización polos veciños como comunal sen que obste para tal consideración a súa falta de vocación agraria como recoñece o artigo 1 da Lei e o regulamento.

De igual xeito a parcela coñecida como Bouza Vella reúne as condicións para a súa clasificación como veciñal en man común, pois, se ben existe un campo de futbol en malas condicións, o resto da superficie constitúea unha arboreda, e o seu uso e desfrute é claramente veciñal.

A parcela de monte denominada Lomba é a que ofrece maiores dificultades para a súa clasificación a favor da Comunidade de Areas, dado que se asenta, segundo a liña divisoria manifestada polos veciños, dentro dos límites da parroquia de Areas; nembargantes, cómpre facer algunhas consideracións sobre o seu aproveitamento, existindo dúbidas da súa titularidade, dado que, se ben o informe do Servicio Forestal sinala que o seu aproveitamento o realizan os veciños da parroquia lindante de Ribadetea, o certo é que na actualidade está nun estado de abandono e incluso existe bastante lixo nela. Entende, pois, o relator que non debe ser clasificada a favor de ningunha comunidade por non existir na actualidade aproveitamento ningún, nin existir documentación histórica sobre ela, e non consta-las alegacións dos veciños de Ribadetea respecto da súa titularidade.

Por todo o exposto os membros do Xurado Provincial, de maneira unánime, rexeitan a clasificación do monte nomeado Lomba e acordan a clasificación dos montes Bouza Vella e Lomba do Porto, coa descrición gráfica sinalada na planimetría que a escala 1/10.000 se incorpora á presente resolución formando parte inseparable dela e que se corresponde coa seguinte descrición:

Primeira parcela: Lomba do Porto.

Cabida: 2,37 ha.

Límites:

Norte: estrada de Ponteareas a Cillarga.

Sur: camiño público. Estrada de Areas a Ribadetea e fábrica.

Leste: estrada de Ponteareas a Cillarga.

Oeste: propiedade de Porto Barreiro.

Segunda parcela: Bouza Vella.

Cabida: 2,25 ha.

Límites:

Norte: propiedade de Luciano Pereira.

Sur: propiedade de herdeiros de José Ucha Bugarín, de Luis Fernández Troncoso.

Leste: propiedade de Dorinda Amil, herdeiros de Domingo Carrera, María Prego e Manuel Ucha.

Oeste: propiedade de Manuel Ucha.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, desde a súa notificación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei 13/1989, do Parlamento de Galicia, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, modificados ambos preceptos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 20 de xuño de 1995.

Manuel Abeledo López

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

9504193