De conformidade co disposto na base común 8, apartado 4 da orde desta consellería do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10), pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, entre outros, en expectativa de ingreso, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Facer pública, por materias e números de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, no anexo desta orde.
Segundo.-O destino que obteñan os opositores relacionados no anexo desta orde terá carácter provisional, e estarán obrigados a participar no seu momento nos concursos de traslados que se convoquen ata obteren destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Terceiro.-Os que por estar a cumpri-lo servicio militar, por xestación ou por outra causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberano solicitar por escrito perante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.
Cuarto.-Os opositores aprobados deberán presentar perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base común 9 da Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.
Quinto.-Entenderase que renuncian ós procedementos selectivos os opositores aprobados que non se incorporen ó destino obtido no prazo de 5 días unha vez coñecido.
Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1995.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
95-5527