Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 23 de agosto de 1995 Páx. 6.574

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de agosto de 1995 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) para ingreso e acceso no corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do mesmo corpo, na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto na base común 9, apartado 6 da orde desta consellería do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, en expectativa de ingreso e procedemento de adquisición de novas especidades polos funcionarios do mesmo corpo,

Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, por materias a lista dos funcionarios do mesmo corpo que superaron o procedemento de adquisición de novas especialidades no anexo I.

Segundo.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino sencundario no anexo II desta orde.

Terceiro.-O destino que obteñan os opositores relacionados no anexo II desta orde terá carácter provisional, e estarán obrigados a participar no seu momento nos concursos de traslados que se convoquen ata obteren destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto.-Os relacionados no anexo II, que estean cumprindo o servicio militar, por xestación ou por outra causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberano solicitar por escrito perante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Quinto.-Os opositores aprobados relacionados no anexo II, deberán presentar perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base común 10 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Sexto.-Entenderase que renuncian ós procedementos selectivos os opositores aprobados que non se incorporen ó destino obtido no prazo de 5 días unha vez coñecido.

Sétimo.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9505354