Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 8 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, de notificación da resolución do expediente sancionador número 94/36/10.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992) notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente número 94/36/10, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo de un mes a partir desta notificación.

Se non fose recorrida no dito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira na conta número 3111.001.020222-3 na oficina principal de Caixa Pontevedra en Pontevedra; noutro caso procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Expediente: 94/36/10.

Inculpado: Supico, S.A. Peregrina, nº 2, Pontevedra.

Sanción e motivos: 150.000 ptas. por publicidade enganosa.

Data da resolución: 1 de marzo de 1995.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1995.

Francisco Gallegos Martínez

Director xeral de Comercio e Consumo

95-4924