Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. Rúa Sáenz Díez, 95. Ourense.
Finalidade: mellora da subministración eléctrica da zona.
Orixe da liña: C.T. de Estraxiz.
Características: rede de baixa tensión, cunha lonxitude de 345 metros, con conductor R.Z.-0,6/1 3x25 Al/54,6 Al - 2x25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Estraxiz, no concello de Samos.
Orzamento: 940.000 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.
Lugo, 5 de xullo de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-4930