Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4345 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. Rúa Sáenz Díez, 95. Ourense.

Finalidade: mellora da subministración eléctrica da zona.

Orixe da liña: C.T. de Merlán.

Características: rede de baixa tensión 380/220 V, cunha lonxitude de 1.104 metros, con conductdores R.Z.-95-50-25 mm Al, en apoios 12/fibra de vidro, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Xeriña, Torre, Rolle e Fonte, no concello de Chantada.

Orzamento: 2.535.084 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas,

nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 5 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5234