Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4344 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. Rúa Sáenz Díez, 95. Ourense.

Finalidade: mellora infraestructura eléctrica da zona.

Orixe da liña: C.T. de Morón.

Final: C.T. da Garda Civil.

Características: liña media tensión subterránea a 20 kV, Morón-Garda Civil, cunha lonxitude de 780 metros, con conductor R.H.V.-12/20 kV - 3x150 Al, para mellorar infraestructura na zona Morón-Garda Civil, no concello de Monforte.

Orzamento: 14.540.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 5 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5233