Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.553

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (182/1995).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución do día de hoxe, dictada en autos de xustiza gratuíta nº 182/1995, solicitada por Sonia Silva Suárez, defendida polo letrado Ferrer Jaureguizar, e representada polo procurador Victorino Regueiro, contra Carmen Silva Penas, Manuel López Mouro, Carmen Gómez Moenlle, Jorge López Gómez, e calquera outra persoa descoñecida e incerta que puidese ter relación cos autos, co fin de que comparezan á celebración da xustiza gratuíta que terá lugar o próximo día dez de outubro ás dez horas.

E para que conste e sirva de citación ás persoas descoñecidas e incertas que puidesen ter relación cos autos, mediante a súa publicación no DOG, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

5235