Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.552

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (49/1994).

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo co número 49/1994, por instancia do Banco Español de Crédito, S.A., representado pola procuradora María Rita Goimil Martínez, contra Jesús Ricardo José Paredes López, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e contra María del Carmen Ramona Paredes López e José María Paredes López, declarados en rebeldía, en reclamación de 2.152.631 pesetas de principal, máis 1.000.000 de pesetas calculadas para xuros, custas e gastos, nas actuacións do cal e por resolución do día da data, se acordou sacar en poxa pública, por primeira vez o día 6 de outubro de mil novecentos noventa e cinco, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado e polo termo de vinte días, os seguintes bens embargados ós debedores: «núa propiedade do piso segundo a da casa número trinta da rúa Virxe da Cerca, facendo

esquina coa das Trompas, desta cidade. Ocupa a extensión superficial útil duns cento trinta e sete metros cadrados e estrema, comprendida a caixa da escaleira, polo norte ou esquerda, entrando na casa, con casa de Purificación Vázquez Ponte; polo sur, ou dereita, coa rúa das Trompas; polo leste ou

fondo, co penal de parte do baixo; e polo oeste ou fronte, coa rúa Virxe da Cerca. Élle anexo o ático, duns cento trinta e sete metros cadrados de extensión, da que uns vinteoito metros cadrados está destinada a vivenda, uns cincuenta metros a faiado e o resto está baixo cuberta e estrema, comprendida a caixa de escaleiras, polo norte ou esquerda, entrando na casa, con predio de Purificación Vázquez Ponte; polo sur ou dereita, coa rúa das Trompas; polo leste ou fondo, co penal de parte do baixo; e polo oeste ou fronte, coa rúa Virxe da Cerca. Inscrito no Rexistro de Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela no tomo 755, libro 404, folio 106, predio 28.489. Taxada pericialmente na cantidade de 28.000.000 de pesetas».

A poxa axustarase ás seguintes regras:

1ª. Para tomaren parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo dos bens que sirvan de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

2ª. Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

3ª. Desde a publicación da poxa ata a súa celebración poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, acreditándose terse efectuado o depósito previo do 20 por 100 antes indicado.

4ª. Só o executante poderá facer oferta a calidade de cede-lo remate a un terceiro.

5ª. As cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante, se existiren, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas que delas se deriven.

6ª. Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa encóntranse de manifesto na secretaría deste xulgado para poderen ser examinados por quen desexe tomar parte na poxa, prevíndose os licitadores de que deberán conformarse con eles e de que non terán dereito a esixir ningúns outros.

Para o suposto de non haber licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda o día oito de novembro de mil novecentos noventa e cinco, ás once horas, no mesmo lugar, con rebaixa do 25 por 100 do tipo de taxación, subsistindo as demais condicións da primeira.

E para o caso de non haber tampouco licitadores para a segunda, sinálase para a terceira o día trece de decembro de mil novecentos noventa e cinco, ás once horas, no mesmo lugar que as anteriores, sen suxeición a tipo, debendo os que desexen tomar parte nela face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda e persistindo as demais condicións.

Sirva o presente edicto de notificación ós demandados, Jesús Ricardo José Paredes López, María Carmen Ramona Paredes López e José María Paredes López, en caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Dado en Santiago de Compostela o trinta de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

A oficial en funcións de secretaria

Rubricado

4617