Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.551

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 8 de agosto de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo pola Orde do 19 de xuño de 1995 (DOG número 137, do 18 de xullo de 1995), este instituto, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, de 20 de marzo,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se expresan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que deba cesar no seu destino, os funcionarios están gozando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo de un mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG número 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal dos centros no que causen baixa os funcionarios así como daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente, efectuaranse acto seguido, os trámites necesarios para a entrada na nómina, segundo dispón a Orde do 28 de novembro de 1983, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo, segundo o prevido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Número

Rex. Pers.

Gr.Apelidos e nomePosto de

traballo

Ni.Código postoLocalid.Depen.

3447896057 A2060AFernández Cid, LeopoldoDirector técnico Admón. e fomento30OTA030000015 770001SantiagoIGVS
3530887946 A2060AGonzález Paz, Alba NélidaXefe área Inspec. e sancións28OTA030000015 770010SantiagoIGVS
3325376124 A2060AGarcía Porto, HedibertoXefe área xestión Financ. e Admón.28OTA030000015 770019SantiagoIGVS
3544787368 A2060AGonzález Loroño, BeatrizXefe área Program. xestión, Invest. e apoio Admivo.28OTA040000015 770003SantiagoIGVS

5409