Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.551

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1995 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 1995/002 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983,

de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que han de xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que ha de xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 20 de xullo de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: arquitectura e tecnoloxía de computadores.

Praza nº: 1995/002.

Comisión titular:

Presidente: López Zapata, Emilio, catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Secretario: Doallo Biempica, Ramón, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Valero Cortés, Mateo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Plata González, Óscar, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Ferreiro García, Ramón, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Comisión suplente:

Presidente: Llaberia Griño, José María, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Argello Pedreira, Francisco, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Labarta Mancho, Jesús, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Fernández Rivera, Francisco, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

González Colas, Antonio María, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

4730