Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 25 de maio de 1995, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización rúa Sta. Tecla, tramo II, redactado polo enxeñeiro de camiños Marcelino López Méndez.

Exponse ó público durante o prazo de quince días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente quedará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras e Urbanismo, para presenta-las alegacións que considere oportunas.

Narón, 12 de xuño de 1995.

Juan Gato Díaz

Alcalde

5614