Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORISTANCO

EDICTO do 8 de agosto de 1995 polo que se anuncia a convocatoria para a provisión de unha praza de administrativo de xestión económica-financeira e informática.

No BOP da Coruña nº 37, do 14 de febreiro de 1995, publícanse integramente as bases e programa para cubrir unha praza de administrativo de xestión económica-financeira e informática mediante o sistema de oposición libre, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo C.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse só no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do concello.

Coristanco, 8 de agosto de 1995.

Antonio Pensado Plágaro

Alcalde

5613