Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO.

Por acordo da asemblea comarcal da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, de data once de agosto de mil novecentos noventa e cinco, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso en procedemento aberto da obra de reforma do matadoiro comarcal de Verín, 2ª fase, o que se expón ó público por un prazo de oito días contados a partir do seguinte da inserción deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso en procedemento aberto, se ben a licitación aprazarase, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

Obxecto.-A execución da obra de reforma do matadoiro comarcal de Verín, 2ª fase, conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Xulio Gómez Fernández, e descontarase a parte do proxecto xa executada na primeira fase.

Orzamento base da licitación.-A licitación ascende a 67.628.724 pesetas, IVE incluído, mellorable á baixa.

Nas ofertas que se formulen poderán introducirse variacións ou outras solucións técnicas co obxecto de que o proxecto que serve de base ó concurso sexa mellorado en canto ás súas previsións, sempre respectando o orzamento de execución por contrata deste.

Prazo de execución.-Dous meses a partir do día seguinte á data da acta de comprobación do planeamento.

Garantías.-Provisional: 1.352.574 ptas. Definitiva: 1.705.148 ptas. (só adxudicatario).

Exame do expediente.-No Concello de Verín, os días hábiles, das nove ás catorce horas, durante o prazo para presentar proposicións.

Prazo de presentación de proposicións.-Os trece días naturais seguintes á aparición no BOP e no DOG da convocatoria do concurso.

Celebración da licitación.-O concurso terá lugar ás doce horas do primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que este día sexa sábado ou festivo, suposto no que se trasladará ó inmediato seguinte.

Criterios que hai que ter enconta na licitación.-Os criterios que se terán en conta para a adxudicación do concurso relacionados por orde decrecente da importancia que teñen, son:

a) As melloras que os propoñentes efectúen na súa oferta sobre as previsións contidas no proxecto técnico, sen superar en absoluto o orzamento de execución de contrata deste.

b) Os medios técnicos, humanos e materiais que os concorrentes se comprometan a poñer ó servicio da obra.

c) A baixa no prazo inicialmente previsto para a execución da obra e programa de traballo.

d) Plan de reparación de deficiencias ou avarías na obra ata a súa recepción definitiva.

e) Maior importe da baixa ofertada sobre o tipo de licitación.

Capacidade para participar na contratación.-Poderán participar no proceso contractual as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras; as persoas xurídicas por medio dos seus representantes legais con copia de escritura pública do poder que ó seu favor fose outorgado, tendo este que estar verificado suficientemente, sempre que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, e non concorran nelas ningunha das prohibicións para contratar que establece o artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. O contratista deberá estar en posesión da seguinte clasificación:

-Grupo: J. Instalacións metálicas.

-Subgrupo: S. Sen cualificación específica.

-Categoría: D. Anualidade superior a sesenta millóns de pesetas e inferior a cento corenta millóns de pesetas.

Presentación de documentación.-As proposicións por medio das que se concorra á contratación convocada presentaranse no rexistro xeral da mancomunidade, no Concello de Verín, na forma que se sinala na cláusula 18ª das do prego que rexe a contratación, de acordo co seguinte modelo:

Proposición para tomar parte na contratación mediante concurso en procedemento aberto da obra de reforma do matadoiro comarcal de Verín, 2ª fase.

D..., con DNI nº..., do que achego fotocopia, con domicilio en..., r/..., en... (nome propio ou representación de...), segundo acredito con copia de poder ó meu favor outorgado que acompaño, suficientemente validado, informado da convocatoria de concurso en procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras sinaladas que efectúa a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, comprométese a levar a cabo as mesmas no prezo de... pesetas (en letra e número), con estricta suxeición ó prego de cláusulas que rexe a contratación que declaro coñecer e aceptar na súa integridade, achegando no sobre «A» a documentación esixida, no sobre «B» a presente proposición económica e no sobre «C» a memoria cos criterios e solucións técnicas que servirán de base para valora-la oferta; facendo constar expresamente:

1º.-Que constituín fianza provisional e xunto xustificante.

2º.-Que declaro baixo a miña responsabilidade que non me acho incurso en ningunha causa de prohibición para contratar das sinaladas polo artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

3º.-Que estou ó corrente do cumprimento das miñas obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes e achego a documentación correspondente que o acredita (lugar, data, sinatura, e, se é o caso, selo).

Os custos que orixine a publicación da contratación serán por conta daquel dos concorrentes que resulte se-lo adxudicatario.

Verín, 11 de agosto de 1995.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273