De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo de un mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.
Pontevedra, 20 de xuño de 1995.
Manuel Abeledo López
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: I-34/1995.
Denunciado: Jesús Moreira Corbal.
Último enderezo coñecido: rúa Cardosa, 5. Marcón. 36154 Pontevedra.
Feito denunciado: abandono de varios vehículos en Marcón-Pontevedra.
Precepto infrinxido: Art. 137 E) do regulamento da Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.
Sanción: 50.000 ptas.
5290