Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, como órgano substantivo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental relativo ó proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Ampliación a Confurco II nº 2.588, en terreos do concello de Ponteareas.

De conformidade co artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, estará exposto ó público nas oficinas da Delegación de Industria e Comercio en Pontevedra, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, durante horas de oficina por un período de trinta días hábiles a partir do seguinte ó da data desta publicación, o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental como concesión derivada do permiso de investigación Ampliación a Confurco II nº 2.588, desta provincia, solicitada por Fernández Contreras Granitos, S.A., sobre unha extensión de tres cuadrículas mineiras sitas no termo municipal de Ponteareas; as súas coordenadas xeográficas orixen Greenwich son as seguintes:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 33' 00''42º 10' 40''

Vértice 28º 33' 00''42º 09' 40''

Vértice 38º 33' 20''42º 09' 40''

Vértice 48º 33' 20''42º 10' 40''

Visto o expediente, aqueles que se consideren interesados, poderán formula-las alegacións que consideren oportunas no prazo indicado anteriormente; transcorrido este non se admitirán alegacións.

Pontevedra, 30 de xuño de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4925