Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante concurso público aberto, tramitación urxente, da obra de construcción de unha piscina cuberta, primeira fase, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva no concello de Pontevedra (Pontevedra) e seis máis, incluída no convenio de cooperación sobre instalacións deportivas entre a Xunta de Galicia e as deputacións provinciais de Pontevedra, A Coruña e Ourense.

A Secretaría Xeral para o Deporte, cumpridos os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-los concursos públicos abertos, mediante tramitación de urxencia, das obras que a continuación se identifican:

-Provincia de Pontevedra.

1. Obra obxecto do concurso: construcción de unha piscina cuberta, 1ª fase, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva no concello de Pontevedra (Pontevedra).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos todos, categoría e.

b) Orzamento de execución por contrata: 138.861.399 ptas. (cento trinta e oito millóns oitocentas sesenta e unha mil trescentas noventa e nove pesetas).

c) Prazo de execución: nove (9) meses.

2. Obra obxecto do concurso: construcción de un pavillón polideportivo no concello de Soutomaior (Pontevedra).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 60.941.984 ptas. (sesenta millóns novecentas corenta e unha mil novecentas oitenta e catro pesetas).

c) Prazo de execución: dez (10) meses.

3. Obra obxecto do concurso: construcción de un edificio de servicios nas piscinas municipais no concello de Tui (Pontevedra).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 29.389.306 ptas. (vintenove millóns trescentas oitenta e nove mil trescentas seis pesetas).

c) Prazo de execución: sete (7) meses.

-Provincia da Coruña.

4. Obra obxecto do concurso: construcción de un pavillón polideportivo, 2ª fase, no Xestal, concello de Monfero (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 36.110.656 ptas. (trinta e seis millóns cento dez mil seiscentas cincuenta e seis pesetas).

c) Prazo de execución: oito (8) meses.

-Provincia de Ourense.

5. Obra obxecto do concurso: pavillón polideportivo, 2ª fase, no concello de Maside (Ourense).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 38.484.362 ptas. (trinta e oito millóns catrocentas oitenta e catro mil trescentas sesenta e dúas pesetas).

c) Prazo de execución: oito (8) meses.

6. Obra obxecto do concurso: reforma e ampliación do pavillón polideportivo no concello da Gudiña (Ourense).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría e.

b) Orzamento de execución por contrata: 28.124.535 ptas. (vinteoito millóns cento vintecatro mil cincocentas trinta e cinco).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

7. Obra obxecto do concurso: construcción de un pavillón polideportivo, no concello da Merca (Ourense).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 65.483.182 ptas. (sesenta e cinco millóns catrocentas oitenta e tres mil cento oitenta e dúas pesetas).

c) Prazo de execución: dez (10) meses.

Exposición dos pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos poderán examinarse no Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata as 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte, (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

Cando as proposicións se envíen por correo, o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola Mesa de Contratación desde as 9.30 horas do décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Fianzas provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada unha das obras citadas quedan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do disposto no artigo 341 do Regulamento xeral de contratación do Estado e Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Naquelas obras nas que non se esixa clasificación, os contratistas que posúan e aporten, voluntariamente, tal documento quedarán eximidos, igualmente de prestaren fianza provisional.

Os empresarios non clasificados deberán prestar fianza provisional por importe do 2% do orzamento de execución por contrata das mesmas.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

Cando un propoñente presente proposicións económicas para máis de unha das obras incluídas na presenta resolución, deberá presenta un sobre A e B

común para todas elas que conterá a documentación requirida no prego e identificará na carátula dos mesmos as obras nas que se pretende que produza efectos.

Non obstante o anterior, presentarase un sobre A por cada obra á que concorra, na que só se deberá introduci-la acreditación da verificación da suficiencia do poder de representación e a clasificación empresarial posuída.

A documentación que sexa aportada polos licitadores débeo ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada ante a Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser declarados suficientes polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán de cargo do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

5353