Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, do concurso público e tramitación urxente da obra de construcción de pavillón polideportivo no campus da Universidade da Coruña e outra máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, en cumprimento dos compromisos contraídos no marco do convenio de cooperación sobre instalacións deportiva entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña e o convenio subscrito co Consello Superior de Deportes e a Universidade da Coruña, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-los concursos públicos abertos, mediante tramitación de urxencia, das obras que a continuación se identifican:

-Provincia da Coruña.

1. Obra obxecto do concurso: construcción de pavillón polideportivo no campus da Universidade da Coruña, no concello da Coruña.

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos todos, categoría e.

b) Orzamento de execución por contrata: 159.064.172 ptas. (cento cincuenta e nove millóns sesenta e catro mil cento setenta e dúas pesetas).

c) Prazo de execución: doce (12) meses.

2. Obra obxecto do concurso: construcción de pistas de atletismo no campus da Universidade da Coruña, no concello da Coruña.

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Así mesmo, o contratista deberá acreditar estar en posesión das clasificacións que a continuación se mencionan ou, no seu defecto, xuntará compromiso de subcontratación das unidades de obras pertinentes con contratista clasificado nelas: grupo A, subgrupo 2, categoría c. Grupo K, subgrupo 6, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 241.488.043 ptas. (douscentos corenta e un millóns catrocentas oitenta e oito mil corenta e tres pesetas).

c) Prazo de execución: vinte (20) meses.

Exposición dos pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos poderán examinarse no Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata as 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte, (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

Cando as proposicións se envíen por correo, o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola Mesa de Contratación desde as 9.30 horas do décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Fianzas provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada unha das obras citadas quedan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do disposto no artigo 341 do Regulamento xeral de contratación do Estado e Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Naquelas obras nas que non se esixa clasificación, os contratistas que posúan e aporten, voluntariamente, tal documento quedarán eximidos, igualmente de prestaren fianza provisional.

Os empresarios non clasificados deberán prestar fianza provisional por importe do 2% do orzamento de execución por contrata das mesmas.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

Cando un propoñente presente proposicións económicas para máis de unha das obras incluídas na presenta resolución, deberá presenta un sobre A e B común para todas elas que conterá a documentación requirida no prego e identificará na carátula dos mesmos as obras nas que se pretende que produza efectos.

Non obstante o anterior, presentarase un sobre A por cada obra á que concorra, na que só se deberá introduci-la acreditación da verificación da suficiencia do poder de representación e a clasificación empresarial posuída.

A documentación que sexa aportada polos licitadores débeo ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada ante a Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser declarados suficientes polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán de cargo do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

9505607