Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.530

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (141/1993).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 141/1993, por instancia

de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra José Manuel Mayán Santos, con domicilio na r/ Dr. Teijeiro Núm. 29-6 de Santiago de Compostela e Promaga Industrias y Laboratorios, S.A., nos cales se acordou sacar a pública poxa, polo prazo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 20 de outubro ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 89.317.840 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 20 de novembro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 20 de decembro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán posturas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -a excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0141/93, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de que tivera que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana que se sinalase para a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor licitador, que se reservará en depósito de garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o pide o acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os

prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa:

Entreplanta

Urbana, número seis, local dedicado a vivenda na entreplanta sinalada coa letra C, pertencente a un edificio sito na Avda. Romero Donallo número coarenta e dous, desta cidade de Santiago de Compostela. Extensión cento trinta metros cadrados. Élle anexa unha terraza cunha extensión de trinta metros cadrados. Limita, con inclusión da terraza anexa; fronte, coa dita terraza e a terraza anexa, con predio de Francisca Fernández Tarrío; dereita, entrando, de herdeiros de Salvador García; esquerda, coas vivendas letras A e B, e con patamal e caixa de escaleiras; e ás costas, coa dita Avda. de Romero Donallo e coa caixa das escaleiras. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número dous, tomo 814, libro 460, folio 217, predio 33.283, inscrición segunda.

Nave industrial

Urbana, nave industrial, sobre a parcela sinalada co número R-10, no plano parcelario do Plan Parcial do Polígono Industrial do Tambre, desta cidade de Santiago de Compostela. Composta de planta baixa, de superficie de cincocentos setenta e oito metros e dezaseis decímetros cadrados, e unha entreplanta, destinada a oficina de corenta e dous metros cadrados e cincuenta decímetros cadrados. Élle anexo o resto do terreo non edificado. Nave e terreo unido forman un só predio cunha extensión superficial de novecentos seis metros cadrados, que limita: norte, parcela R-11; sur, parcela R-9; leste, parcela 178, e oeste, rúa do polígono. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número dous, tomo 1.044, libro 86, folio 6, predio 7.533, inscrición terceira.

Piso sexta planta

Local número sete, piso sexto da casa número vintenove da rúa Doutor Teijeiro, nesta cidade, con superficie útil aproximada de 120 metros cadrados e un rocho anexo. Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, tomo 843, libro 486, folio 110, predio 35.429, inscrición segunda.

Piso ático

Local número oito, planta de ático da casa número vintenove da rúa Doutor Teijeiro, nesta cidade, con superficie útil aproximada de 50 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, tomo 843, libro 486, folio 113, predio 35.430, inscrición segunda.

Resumo da valoración

Entreplanta 25.300.000 pesetas.

Nave industrial 25.767.840 pesetas.

Piso sexto e ático 38.250.000 pesetas.

Total da valoración 89.317.840 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o seis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9505608