Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona central do Valadouro (O Valadouro-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 54/1988, do 18 de febreiro, o seguinte:
Primeiro.-Con data 20 de xuño de 1995 o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona central do Valadouro (O Valadouro-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello do Valadouro, na Cámara Agraria Local e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.
Terceiro.-No prazo de trinta días que se din, cabe interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 197-1º, Lugo), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985).
Lugo, 3 de xullo de 1995.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo
5291