Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.519

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Industrias del Tablero, S.A. (INTASA).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa INTASA, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8 de xuño de 1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité, o día 16 de maio de 1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta

delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xuño de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

INTASA

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

As normas do presente convenio regulan as relacións laborais entre Industrias del Tablero, S.A. e os empregados desta, comprendidos polo ámbito persoal do convenio (artigo 3º).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Canto se establece neste convenio será de aplicación no centro de traballo que INTASA ten en San Saturniño, A Fraga, s/n.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Este convenio colectivo regula a relación laboral que mantén ou poida manter todo traballador de INTASA e esta, coa única excepción feita daqueles con categoría de director de departamento, os cales regulan a súa relación laboral coa empresa a través do seu respectivo contrato de traballo.

Artigo 4º.-Ambito temporal.

Este convenio ten unha duración de dous anos, entrando en vigor o día da súa sinatura, retrotraendo os seus efectos económicos ó 1 de xaneiro de 1995 e prolongándose ata o 31 de decembro de 1996, inclusive.

A denuncia para a rescisión do convenio colectivo deberá facerse cunha antelación mínima de un mes desde a data de finalización deste ou de calquera das súas prórrogas, contándose este prazo desde a entrada da denuncia no rexistro da delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións laborais.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente, e substitúen á totalidade das aplicables na empresa, calquera que sexa a súa natureza ou a orixe da súa existencia.

Artigo 6º.-Compensación.

As normas contidas no presente convenio son, no seu conxunto, máis beneficiosas para o persoal que as establecidas polas disposicións vixentes. Respectaranse as situacións económicas que, con carácter persoal e en cómputo anual, excedan das fixadas neste convenio.

Artigo 7º.-Organización.

A dirección e a organización da empresa, así como as decisións sobre políticas, sistemas e procedementos, corresponden á dirección de INTASA, sen prexuízo das competencias que ten legalmente a representación dos traballadores e das consultas e acordos que puidesen articularse con esta.

Ambalas dúas partes recoñecen que a organización do traballo ten por obxecto acadar na empresa un nivel adecuado de productividade, calidade e servicio, baseado na óptima utilización de tódolos recursos. Para este obxectivo enténdese necesaria a colaboración de todo o persoal da empresa.

Artigo 8º.-Vacantes, ingresos e contrato de traballo.

Os postos vacantes ou de nova creación serán cubertos dando prioridade a igualdade de condicións ós traballadores do cadro de persoal que pasen as probas establecidas para este obxecto, para os efectos de promoción profesional dos traballadores. As ditas vacantes serán publicadas no taboleiro de anuncios da empresa e simultaneamente notificadas ó comité de empresa.

A dirección da empresa acordará co traballador de novo ingreso a súa categoría profesional, trala realización das probas de ingreso que considere necesarias para a eficaz contrastación do mercado de traballo.

Artigo 9º.-Período de proba.

Agás pacto en contrario, por escrito, todo novo contrato de traballo estará suxeito a período de proba nos seguintes termos:

-Persoal técnico titulado e non titulado: 4 meses

-Persoal Administración: 2 meses

-Persoal obreiro e subalterno: 15 días laborables

A suspensión do contrato de traballo, calquera que sexa a súa causa, interromperá o período de proba.

Artigo 10º.-Pesoal con capacidade diminuída.

A empresa queda obrigada a acopla-lo persoal con capacidade diminuída, como consecuencia de accidente laboral ou enfermidade profesional, sempre que non acadase unha invalidez permanente en calquera dos seus graos.

En caso de enfermidade profesional, sempre que o traballador teña unha antigüidade na empresa de máis de seis anos.

Se o novo posto é de categoría superior rexerán as condicións económicas do dito posto. Se fose inferior continuará percibindo as retribucións do seu anterior posto.

Esta situación será estudiada conxuntamente pola dirección e o comité de empresa.

Artigo 11º.-Persoal en sevicio militar ou civil substitorio.

Este tempo computarase para efectos de antigüidade. Unha vez que o empregado finalice o dito período,

este terá dereito a ocupa-lo mesmo posto desempeñado ó comeza-lo servicio militar ou civil. Durante este período percibirá as pagas extraordinarias establecidas no presente convenio.

A empresa proporcionaralle traballo ó empregado que o solicite, sempre que este acredite documentalmente a posibilidade de traballar un período ininterrompido de 21 días como mínimo.

Para o persoal que cumpra este servicio onde estea situada a empresa, esta tratará de facilitarlle ó empregado un horario de traballo razoablemente compatible coas súas obrigas, sempre que as condicións do posto de traballo o permitan.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o persoal de fábrica de catro xogos de pezas de roupa de traballo no momento da súa incorporación a esta. Os anos seguintes a entrega farase por partes, un xogo de inverno a primerios de xaneiro e un de verán a primeiros de xuño. O empregado está obrigado a levar esta roupa no seu posto de traballo.

Así mesmo, cando no desempeño do posto de traballo a roupa sufrise unha deterioración evidente serán repostas de inmediato.

O tipo de roupa de traballo para cada posto de traballo será determinado polo vixilante de seguridade e hixiene, unha vez oído o comité de empresa.

Artigo 13º.-Vacacións.

As vacacións anuais fíxanse en 30 días naturais para tódolos traballadores.

Os sistemas 3T/5P e 2T/3P desfrutarán, polo menos, 28 días ininterrompidos das ditas vacacións dentro do período estival que comprende os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro. O sistema 3T/5P terá unha organización de vacacións por períodos secuenciais (4 equipos de traballo a quenda pechada (3T/4P) e un 5º de vacacións, e así sucesivamente), completando os 30 días naturais de vacacións por solicitude do traballador, calquera dos días en disposición de fábrica (x) sinalados no seu calendario de traballo.

O sistema 2T/3P xa inclúe no seu calendario de traballo dous días dos 30 de vacacións anuais correspondentes.

O sistema 3T/9P desfrutará, polo menos, 21 días ininterrompidos de vacacións no período estival comprendido entre os meses de xuño e agosto, ámbolos dous inclusive; non obstante o anterior, a empresa, de acordo co comité de empresa, poderá establecer un período de vacacións estivais, para desfrutar, menor de 21 días, cando isto se producise, os traballadores directamente afectados terán dereito a un día máis de vacacións sobre os 30 anuais.

Ós sistemas 2T/2P e 3T/3P garantiráselles que, polo menos 21 días de vacacións os desfrutarán de forma ininterrompida no período estival que comprende os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, agás aquel equipo da liña de despezamento/recubrimento, que se incorpore ó sistema 2T/3P da liña de acabado

durante o período estival de cinco meses; ó dito equipo de despezamento seralle de aplicación o fixado para a liña de acabado para efectos de vacacións.

Para o resto das seccións o período estival de vacacións comprenderá os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

En tódolos casos anteriores a empresa xa conta coa aprobación do comité de empresa para os efectos legais correspondentes. Non obstante o anterior, a empresa, por propia iniciativa súa e de acordo co comité de empresa, poderá establecer un período de vacacións estivais para desfrutar, menor de 21 días; cando isto se producise os traballadores diretamente afectados terán dereito a un día máis de vacacións.

Se, por petición da empresa e por necesidades desta, tivesen que desfrutar tódalas vacacións fóra do período estival respectivo, aqueles serán compensados con 4 días naturais máis de vacacións sobre os 30 fixados.

Naquel caso no que o empregado non puidese inicia-las súas vacacións na data sinalada no calendario, por encontrarse en I.T. sobrevida con anterioridade, aquelas serán desfrutadas dentro do que reste de ano natural; de non conta-la parte do ano que reste con suficientes días, desfrutaranse os que queden ata o 31 de decembro, considerándose, neste último caso cumprido o dereito na súa totalidade e para tódolos efectos. As vacacións desfrutaranse, polo tanto, dentro de cada ano natural. O calendario de vacacións establecido entre a dirección e o comité de empresa exporase cunha antelación mínima de 2 meses.

Para os sistemas 2T/2P, 3T/3P e 3T/9P, os días de vacacións pendentes de desfrute, se os houbese, serán aproveitados no Nadal.

Artigo 14º.-Xornada e horarios.

A duración da xornada laboral ordinaria en INTASA é de 1.800 horas anuais de traballo efectivo.

O cadro horario e calendario laboral fixarase conxuntamente entre a dirección e o comité de empresa dentro do mes seguinte ó da publicación pola Xunta de Galicia do calendario oficial de festivos. Para o ano 1997 e en tanto en canto se asine o 4º convenio colectivo, o cadro horario e calendario laboral será o vixente no exercicio 1996.

A xornada ten as seguintes modalidades:

-Xornada partida.

-Xornada por quendas.

1. Xornada partida.

Efectuarase de luns a venres a razón de oito horas diarias de traballo efectivo co seguinte hoarario:

-Mañá de 9.00 a 13.30 horas.

-Tarde de 14.45 a 18.15 horas.

A empresa poderá determinar aqueles departamentos ou seccións que, desde o luns inmediatamente anterior ó 1 de xuño ata o venres inmediatamente posterior ó 31 de agosto, cando os días 1 de xuño e 31 de agosto non coincidan xa en luns ou venres

respectivamente, poderán realizar xornada intensiva. Neste caso e segundo a sección cumpriranse os seguintes horarios:

Oficinas centrais de 8.00 a 14.30 horas.

Fábrica de 7.30 a 14.30 horas.

No caso de desfrute de xornada intensiva cada empregado afectado prolongará a súa xornada ata as 18.30 horas desde o 1 de setembro ata o 31 de decembro, como recuperación do tempo por aquel deixado de traballar durante o desfrute de xornada intensiva.

Aquel empregado que, por pertencer a unha sección na que, desenvolvendo a súa xornada en réxime de xornada partida, non lle fose concedida a xornada intensiva anterior, terá dereito a dous días de permiso retribuído ó ano se o dito empregado traballase efectivamente en xornada partida, ó longo do período de xornada intensiva. Tamén terá dereito a dous días de permiso retribuído aquel traballador que, pertencendo a calquera dos réximes de quenda, pase a traballar efectivamente en réxime de xornada partida, por orde da empresa, ó longo do período de xornada intensiva fixado no parágrafo segundo deste apartado 1.

2. Xornada por quendas.

Esta xornada ten as seguintes variantes, sen prexuízo doutras que a empresa puidese establecer, seguindo o procedemento legal correspondente.

2.1 Dúas quendas con dous de persoal 2T/2P.

A súa xornada será de luns a venres a razón de 7 horas e 40 minutos de traballo efectivo, traballando pola mañá aqueles sábados que fosen necesarios para o cómputo bisemanal de 80 horas de traballo efectivo.

2.2 Dúas quendas con tres de persoal 2T/3P.

A súa xornada será de 112 horas efectivas por períodos de tres semanas a razón de oito horas diarias de traballo efectivo, destinándose o resto ata as 120 horas correspondentes por conta da compensación dos 14 festivos anuais legais traballados.

No calendario de 2T/3P inclúense, ademais dos descansos semanais correspondentes, o descanso diario equivalente compensatorio e correspondente a cada un dos 14 festivos legais anuais.

2.3 Tres quendas con tres de persoal 3T/3P.

A súa xornada será de 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres a razón de 7 horas 40 minutos de traballo efectivo xunto coa mañá do sábado ata completa-lo cómputo de 120 horas trisemanais de traballo efectivo.

2.4 Tres quendas con nove de persoal 3T/9P.

Este sistema garante o proceso continuado da producción durante o ano. Os días de traballo consecutivo non excederán de seis, e sucederanse os descansos de cada período de traballo coa alternancia 3-2 (6 días de traballo-3 días de descanso, 6 de traballo-2 de descanso e así sucesivamente).

A xornada diaria é de 7 horas 40 minutos de traballo efectivo. No calendario de 3T/9P inclúense, ademais dos descansos semanais correspondentes, o descanso diario equivalente, compensatorio e correspondente a cada un dos 14 festivos legais anuais.

2.5 Tres quendas con cinco de persoal 3T/5P.

Este sistema garante o proceso continuado da producción durante o ano. Os días de traballo consecutivo non excederán de sete e sucederanse os descansos de cada período de traballo coa alternancia 7-2, 7-2, 7-10 (7 traballo-2 descanso, 7 traballo-2 descanso-7 traballo-10 descanso), destes grupos de 10, traballaranse os días necesarios para acada-las 1.800 horas anuais de traballo efectivo e garantindo a optimización do sistema. Non obstante, as partes poderán acordar outro calendario distinto para este sistema 3T/5P.

A xornada diaria é de 7 horas 40 minutos de traballo efectivo. No calendario de 3T/5P inclúense, ademais dos descansos semanais correspondentes o descanso diario equivalente, compensatorio e correspondente a cada un dos 14 festivos legais anuais.

2.6 Outras condicións para a xornada por quendas.

Tódolos traballadores en réxime de quenda 2T/2P, 2T/3P, 3T/3P, 3T/9P e 3T/5P desfrutarán de vinte minutos de descanso en cada xornada, non computables dentro da súa respectiva xornada de traballo efectivo, e sen que iso implique ningún trastorno no réxime de fabricación. Cando por motivos de necesidade, non puidesen desfruta-lo dito período, este será retribuído como exceso de xornada.

O período de vinte minutos antes mencionado non significa traballo efectivo; este descanso de bocadillo de vinte minutos desfrutarase da seguinte forma:

-Quenda de mañá entre as 9 horas e as 11 horas.

-Quenda de tarde entre as 17 horas e as 19 horas.

-Quenda de noite entre a 1 horas e as 3 horas.

Aqueles traballadores que, polo seu calendario de quendas, traballen efectivamente na noite do 24 ó 31 de decembre terán dereito a un día de permiso retribuído no calendario do ano seguinte. Este día será solicitado individualmente de entre os días de disposición de fábrica (x).

3. A transición do sistema actual 3T/9P ó novo sistema 3T/5P deste terceiro convenio colectivo leva implícita a dispoñibilidade e conformidade dos empregados, así como o transcurso dun tempo mínimo necesario para o implantamento da dita nova organización.

Artigo 15º.-Licencias.

a) Por matrimonio quince días naturais acumulables a vacacións.

b) Por morte de cónxuxe, parella ou fillo tres días retribuídos ou cinco días retribuídos se o feito se produciu fóra da Comunidade Autónoma galega.

c) Por morte de pai, sogro, neto, irmán e avó dous días retribuídos ou catro se o feito se produciu fóra

da Comunidade Autónoma galega e se require facer un desprazamento para o efecto.

d) Por falecemento do cuñado e avó políco a un día retribuído. En caso de falecemento de tío carnal, un día sen retribuír.

e) En caso de enfermidade grave de cónxuxe, parella ou fillo, tres días retribuídos, ampliables a cinco se, con tal motivo, se require facer un desprazamento fóra da Comunidade Autónoma galega e un día máis sen retribuír, se o solicita o empregado.

f) Por enfermidade grave de pai ou irmán, dous días retribuídos ou catro si con tal motivo ten que realizar un desprazamento fóra da Comunidade Autónoma galega e un día máis, sen retribuír, se o solicita o empregado.

g) Por voda de fillo un día retribuído. Por voda de irmán ou pai un día sen retribuir.

h) En caso de nacemento de fillo tres días retribuídos e un máis sen retribuír, se o solicita o empregado.

i) Para asistencia por parte das empregadas a cursiños de preparación ó parto, 10 horas retribuídas.

j) Para cursar estudios aplicarase o que di o artigo 23 do E.T. e será retribuído o permiso no caso de que a xuízo da dirección da empresa os estudios que curse o empregado sexan de interese para o desempeño do seu posto de traballo.

k) Por cambio de domicilio un día laborable retribuído e outro sen retribuír se o solicita o empregado.

l) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.

Para o desfrute da licencia correspondente será necesario preavisar á empresa cunha antelación mínima de sete días nos casos a que fan referencia os apartados a), g), i), k) así como naqueloutros previsibles. Toda licencia contará coa xustificación fidedigna e suficiente que corresponde. Toda licencia comezará a partir do feito causante.

Artigo 16º.-Excedencias.

Aplicarase que a lexislación laboral estableza con respecto ó caso.

Artigo 17º.-Xubilación.

Establécese un premio de xubilación ós 65 anos para o persoal que leve como mínimo 7 anos na empresa, consistente nunha mensualidade de salario base. Así mesmo e para o persoal que se xubile voluntariamente establécense as seguintes cantidades:

Os 60 anos 200 días de salario real.

Os 61 anos 160 días de salario real.

Os 62 anos 120 días de salario real.

Os 63 anos 80 días de salario real.

Os 64 anos 65 días de salario real.

Estas cantidades aboaranse con independencia da liquidación legal correspondente.

Artigo 18º.-Póliza de seguro.

A empresa garantirá durante a vixencia deste convenio colectivo unha póliza de seguro colectivo coas seguintes coberturas:

500.000 ptas. por morte natural.

2.000.000 ptas. por morte ou invalidez total derivadas de accidente laboral.

No caso de falecemento dun empregado en accidente de traballo, a dirección de INTASA, sempre que por xuízo desta fóra posible, favorecerá a contratación dun fillo ou do viúvo.

Artigo 19º.-Estructura salarial.

A remuneración de cada empregado está constituída pola suma, segundo cada caso, dos seguintes conceptos:

1. Salario base.

2. Garatificacións extraordinarias.

3. Complementos de salario.

3.1 Antigüidade.

3.2 Pluses.

4. Horas extraordinarias.

5. Devengos non salariais.

5.1 Gastos de viaxe.

5.2 Quebranto de moeda.

1. Salario base.

É para cada categoría profesional, o que figura no anexo I deste convenio.

2. Gratificacións extraordinarias.

Todo empregado percibirá as pagas extraordinarias legais de primavera, verán e Nadal, na contía respectivamente de 12, 30 e 30 días de salario base máis antigüidade.

Os ditos pagamentos percibiranse rateados en cada un das doce mensualidades do ano.

3. Complementos de salario.

3.1 Antigüidade. Por cada cuadrienio perfeccionado devengarase unha prima de 2.967 ptas. mensuais e este valor será igual para tódalas categorías. A data inicial de cómputo será a de ingreso de cada traballador na empresa. A antigüidade aboarase a partir do día primeiro do mes seguinte ó que se cumpra o cuadrienio.

3.2 Plus de nocturnidade.

Cobrarán este plus aqueles empregados que presten os seus servicios entre as 22 horas e 6 horas. A súa contía será do 25% do salario base/día por cada xornada de traballo efectivo nese horario.

3.3 Plus de traballos por quendas.

Os empregados por quendas devengarán por mes de traballo efectivo a cantidade de 5.804 ptas. mensuais.

3.4 Plus de continuidade.

Consistirá mensualmente en 11.095 ptas. por mes de traballo efectivo e será devengado por aqueles empregados que realicen o seu traballo nun sistema de quendas que cubra polo menos 16 horas diarias, e que inclúa como laborables a totalidade de sábados e domingos do ano con excepción do período de vacacións, en cada caso, desfrutado.

3.5 Plus de festividade.

Consistirá en 5.476 ptas. por mes de traballo efectivo e será devengado por aqueles empregados que realicen o seu traballo nun sistema de quendas que inclúa os catorce festivos legais como laborables no calendario de traballo, con excepción do período de vacacións. En cada caso desfrutado, tendo en conta que estes festivos xa son compensados co seu descanso diario equivalente e que figura no dito calendario.

3.6 Plus de traballo en Nadal. Consistirá nun único pagamento de 10.000 ptas. e devengarao aquel traballador que, polo seu calendario de quendas, traballe efectivamente na noite do 24 ó 31 de decembro.

Aquel traballador que, polo seu calendario de quendas, traballe efectivamente na mañá do 25 de decembro ou o 1 de xaneiro, devengará a cantidade de 5.000 ptas., como único pagamento por tal concepto.

3.7 Plus de cumprimento de obxectivos de producción para o persoal de fábrica.

É un plus para o persoal de fábrica e o seu valor determinarase con suxeción ós seguintes condicionantes:

a) Para todo o persoal de fábrica e para unha producción anual comprendida entre 113.000 m cúbicos e 118.000 o valor económico oscilará, proporcionalmente, entre 27.610 ptas. e 87.610 ptas. (ver anexo II).

b) Para todo o persoal de fábrica excepto o do sistema 3T/5P e para unha producción anual comprendida entre 118.000 m e 135.000 m o valor económico oscilará, proporcionalmente, entre 87.610 ptas. e 155.610 ptas.

c) Para o persoal pertencente ó sistema 3T/5P e para unha producción anual comprendida entre 118.000 m e 135.000 m o valor económico oscilará, proporcionalmente entre 123.610 ptas. e 191.610 ptas.

Os incrementos e revisións que puidesen operar sobre este plus calcularase sobre o punto de corte das curvas a) e b), é dicir, 118.000 m, para manter constantes as actuais pendentes.

En tódolos casos enténdese que os m producidos deberán de ser útiles, é dicir, de primeira ou segunda calidade. Este plus só se percibirá se a primeira calidade producida non é inferior ó 96% da totalidade de m útiles.

Estes valores económicos aboaranse na nómina do mes de xaneiro seguinte ó ano de devengo, a todos e cada un dos traballadores en alta na empresa no dito mes de xaneiro, na parte proporcional, en cada caso, ó tempo de traballo efectivo no ano de devengo.

Non obstante, o 30 de xuño de cada ano, a empresa adiantará como anticipo a conta dos emolumentos que, por este concepto puidera corresponder segundo o exposto anteriormente neste artigo, unha cantidade de diñeiro que resulte da aplicación da seguinte fórmula:

É persoal de fábrica o comprendido segundo a distribución do anexo I deste convenio.

3.8 Complemento de I.T.

Durante a situación de I. T. derivada de enfermidade común que requira hospitalización, durante a situación de I. T. derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, así como nos casos de licencia por maternidade, o empregado devengará o 100% do seu salario bruto.

3.9 Para os efectos dos pluses 3.2, 3.3, 3.4 e 3.5 enténdese por mes de traballo efectivo tamén as vacacións anuais desfrutadas.

4. Horas extraordinarias.

Serán horas extraordinarias todas aquelas de traballo efectivo que se realicen por encima da xornada anual establecda no artigo 14º do presente convenio.

As horas extraordianrias clasifícanse en:

Horas extraordinarias ordinarias (de realización voluntaria).

As horas extraordinarias ordinarias teñen idéntica magnitude compensatoria cás horas ordinarias.

Horas extraordinarias estructuais (de realización obrigatoria), son as necesarias para cubrir ausencias imprevistas de persoal, ante acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, prevención de riscos ou reaparición de avarías, sinistros, etc, entre outros supostos.

As horas extraordinarias estructurais terán unha compensación incrementada sobre a hora ordinaria do 75% ó do 100% se son nocturnas e ou festivas.

-H.E.E. diurnas (de 6 horas a 22 horas), H.E.E. nocturnas (de 22 horas a 6 horas) e H.E.E. festivas (de 6 horas a 22 horas) en domingo ou calquera dos 14 festivos anuais legais.

Para os sistemas 3T/5P e 3T/9P terán a consideración de festivas as horas extraordinarias estructurais que se puidesen realizar en día de descanso fixado para cada traballador no seu calendario de quendas.

-H.E.E. Horas extraordinarias estructurais.

5. Devengos non salariais.

5.1 Gastos de viaxe. O persoal que viaxe fóra da localidade na que se atopa a empresa, por causas do servicio a esta, terá dereito a unha compensación económica polos gastos de manutención, aloxamento e quilometraxe, cando, para tal fin, e neste último caso, utilice o seu vehículo particular e todo iso, logo da xustificación.

5.2 Quebranto de moeda.

Aqueles empregados que efectúen pagamentos ou cobros en metálico por conta da empresa percibirán por este concepto a cantidade de 2.460 ptas. mensuais.

6. Norma xeral sobre retribucións.

As retribucións reseñadas no presente convenio son brutas e, en consecuencia, tanto as cargas fiscais como as de Seguridade Social por conta do traballador serán satisfeitas por este e descontadas en nómina.

As retribucións do persoal serán aboadas por períodos mensuais de 30 días.

A empresa poderá utilizar calquera dos modelos de recibo de salarios autorizados polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

Artigo 20º.-Incremento salarial.

Os conceptos comprendidos no artigo 19º anterior son os vixentes para 1995, unha vez incrementados os antiguos no 4%, se ben, no caso de que o IPC o 31-12-1995 superase o 3,5% a devandita estructura salarial (excepto os pluses 3.4, 3.6 e 3.7) verase revisada desde o 1.1.1995 no seguinte incremento:

RS = IPC r - 3,5%

RS = revisión salarial.

IPCr= IPC real o 31-12-1995

Para 1996 a totalidade de conceptos o 31-12-1995 comprendidas no artigo 19º verase incrementada en IPC previsto para 1996 máis 0,5 no caso de que o IPC previsto sexa maior ou igual a 3,5; se o IPC previsto para 1996 é inferior a 3,5% o incremento para o dito ano sería IPC previsto máis 0,75, se ben no caso de que o IPC o 31-12-1996 superase o previsto, a estructura salarial verase revisada desde o 1-1-1996 no seguinte incremento:

RS =IPC r- IPCp

RS = revisión salarial

IPCr = IPC real o 31-12-1996

IPCp = IPC previsto ano 1996

Artigo 21º.-Garantía de emprego.

A empresa garante que, durante a vixencia deste convenio non se producirá ningunha suspensión ou rescisión de contrato de traballo, daqueles contratos de traballo indefinidos na data da sinatura do presente convenio, por calquera das causas sinaladas nos arti

gos: 51 e 52 c) da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Fondo social.

Continúa vixente o fondo social dos traballadores de INTASA, o cal é rexido polos estatutos para o efecto establecidos.

A aportación económica será :

-Do 0,25% do salario base de cada traballador efectuada por todos e cada un dos empregados afectados por este convenio e, do 0,75 % do salario base dos mesmos traballadores efectuada pola empresa.

Artigo 23º.-Sistema complementario para a xubilación.

A empresa comprométese a negociar e xestionar cunha entidade aseguradora de prestixio un sistema complementario de xubilación para tódolos seus traballadores, en condicións de mercado.

Para iso a empresa aportará o 1% do salario base de cada traballador, pola súa vez, cada traballador participará directamente no dito sistema tal e como no seu momento se determine, mediante aportacións económicas. Como queira que o dito sistema de xubilación incorporará unha póliza de seguro colectivo de vida e accidente para os traballadores, a partir dese preciso momento quedará automaticamente derogado, na súa totalidade, o actual artigo 18º do presente convenio colectivo, por estaren cubertos aqueles riscos coas novas pólizas. A contía actual satisfeita pola empresa por estas pólizas pasará a engrosa-la aportación daquela para o sistema de xubilación.

Tamén quedará derrogado, na súa totalidade, o actual artigo 22º do vixente convenio, dado que o sistema complementario de xubilación se considera máis beneficioso para os traballadores e así o solicitan os seus representantes.

Artigo 24º.-Comisión paritaria de interpretación e aplicación do convenio.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes obrigadas, así como as cuestións de interpretación ou aplicación das estipulacións contidas no presente convenio e os seus anexos, serán sometidas obrigatoriamente e como trámite previo ó seu coñecemento polo organismo xudicial ou administrativo competente, a unha comisión paritaria, que estará formada polos membros seguintes de entre os que integraron a comisión negociadora deste convenio.

Representación social: tres membros, de entre os que asinan este convenio nomeados no seu momento polo comité de empresa.

Representación económica:

Roberto Tojeiro Peleteiro

José A. Núñez Centeno

Manuel Souto López

ANEXO I

Ano 1995

Persoal de fábrica

360 salario12 salario2.4 gratificacións

CategoríaBase díaBase anoExtraordinarias ano

Mantemento:
Resp. Mtto.9.8303.538.800707.760
Xefe taller6.2742.258.640451.728
Xefe equipo4.5921.653.120330.624
Oficial 1ª4.3511.566.360313.272
Oficial 2ª3.9591.425.240285.048
Oficial 3ª3.4831.253.880250.776
Axudante3.2041.153.440230.688

Liña fabricación:
Xefe de quenda4.5921.653.120330.624
Xefe A.P.T.7.1482.573.280514.656
Xefe P. madeira4.5921.653.120330.624
Encargado sección4.5921.653.120330.624
Oficial 1ª3.7841.362.240272.448
Oficial 2º3.5851.290.600258.120
Oficial 3ª3.3581.208.880241.776
Axudante3.0611.101.960220.392
Conductor máquinas
Cargadoras P. madeira3.5851.290.600258.120

Laboratorio:
Resp. laboratorio9.5273.429.720685.944
Analista3.7841.362.240272.448
Auxiliar analista3.4211.231.560246.312
Xefe almacén5.4011.944.360388.872
Almaceneiro3.9571.424.520284.904

Oficina técnica:
Delineante4.3511.566.360313.272

Persoal subalterno:
Basculeiro3.9571.424.520284.904
Conductor ordenanza3.9571.424.520284.904

Persoal de oficinas centrais
Persoal administrativo:
Resp. contabilidade6.0572.180.520436.104
Resp. tesourería6.0572.180.520436.104
Técnico administración7.5622.722.320544.464
Oficial Admvo. A6.5722.365.920473.184
Oficial Admvo. B5.4011.944.360388.872
Tesoureiro5.4011.944.360388.872
Auxiliar Admvo.3.5281.270.080254.016
Telefonista recepcionista3.7841.362.240272.448

5435