Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.527

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995, da Academia Galega de Seguridade, pola que se convoca un curso sobre Protección de Personalidades dirixido ós membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre Protección de Personalidades, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

O curso ten por obxectivos:

a) Coñecer e perfecciona-las técnicas aplicables na protección de personalidades.

b) Coñecer que unidades operativas interveñen nos dispositivos de protección de personalidades.

c) Coñece-los medios técnicos utilizables na protección de personalidades.

d) Coñece-los métodos de actuación de organizacións terroristas.

e) Conquerir coñecementos sobre os explosivos utilizados por organizacións terroristas e as medidas a adoptar.

f) Conquerir destrezas e habilidades no manexo de armas.

g) Coñece-las medidas e medios sanitarios aplicables en caso de urxencia médica.

Destinatarios:

O curso vai dirixido ós membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 30.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI, e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 25 de setembro de 1995.

3. As instancias deberán vir asinadas polos seus xefes respectivos, e deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Rúa de Madrid, s/n Polí

gono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración:

O curso celebrarase en sesións de mañá e tarde.

O curso divídese en tres módulos, complementados con prácticas diversas:

-Módulo I: ÁREA DE CIENCIA E TÉCNICA POLICIAL.

-Protección.

-Terrorismo.

-Explosivos.

-Módulo II: ÁREA INSTRUMENTAL.

-Armas e tiro.

-Módulo III: ÁREA SOCIO-PROFESIONAL.

-Psicosocioloxía.

Datas:

O curso celebrarase, de luns a venres, do 2 ó 11 de outubro de 1995.

O horario será de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 horas.

Relación de admitidos:

A relación de admitidos publicarase o día 27 de setembro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar:

Academia Galega de Seguridade, sita na Rúa de Madrid s/n, no Polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia e aproveitamento:

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada ó mesmo, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, impedirá a expedición do certificado.

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

9505538