Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 245/1995, do 28 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: C.P. 0105 de Cortiñán a Vilacova (tramo Cortiñán-Montellos).

A Deputación Provincial da Coruña, en sesións celebradas os días 2 e decembro de 1994 e 10 de marzo de 1995, aprobou o proxecto de C.P. 0105 de Cortiñán a Vilacova (tramo Cortiñán-Montellos) e na sesión do día 24 de febreiro de 1995, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 26 de xullo de 1995.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 7 de xullo de 1995, baixo o número 6413.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, incluído no programa de rede viaria local, que se financiará con cargo ós fondos do Ministerio para as Administracións

Públicas e da Deputación Provincial da Coruña, de acoredo cos informes que obran no expediente, por existir razóns de urxencia que fan necesaria a execución das citadas obras, tal como o estado do pavimento das estradas, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, etc., a existencia de poboación infantil e zonas escolares próximas que supoñen un perigo para a seguridade vial.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de C.P. 0105 de Cortiñán a Vilacova (tramos Cortiñán-Montellos).

Santiago de Compostela, vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

95-04528