Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 18 de agosto de 1995 Páx. 6.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 5 de abril de 1995, aprobou as seguintes bases:

Bases que rexerán no concurso para a contratación temporal a tempo parcial, de encargado da biblioteca pública de Riotorto.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto do presente concurso a selección de persoal laboral, a tempo parcial, de unha praza de encargado da biblioteca pública municipal de Riotorto, de conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro.

O posto de traballo a que se fixo referencia cubrirase segundo os criterios de publicidade da convocatoria, méritos e capacidade dos concursantes e de conformidade co disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril; Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo e Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e modificada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo.

Segunda.-Características da praza.

1.-O obxecto específico do contrato será a prestación dos traballos de encargado da biblioteca pública municipal, coas seguintes funcións:

-Apertura e peche da biblioteca.

-Atención ó público incluído o servicio de préstamo.

-Leva-los libros do rexistro do material que se recibe e as fichas correspondentes.

-Responder de todo o material e libros que se lle confíen.

-Ordenar e clasificar todo o material que se reciba e o que haxa pendente ó inicio do traballo.

-Contesta-los escritos que se dirixan á biblioteca e cubri-los partes estatísticos.

-Todos aqueles traballos mandados pola alcaldía e relacionados coa biblioteca.

2.-Duración do contrato.

A duración do contrato será de tres anos.

3.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de quince horas semanais, presentadas de luns a sábado a razón de 2 horas e media diarias, de 18 a 20.30 horas de luns a venres e o sábado de 11 a 13.30 horas.

4.-Retribución.

A retribución será de 40.000 ptas brutas mensuais máis dúas pagas extra da mesma cantidade.

Terceira.-Solicitudes.

Os interesados en participar no concurso formularán a súa solicitude mediante instancia dirixida ó alcalde-presidente, segundo o modelo que se facilitará nas oficinas do concello.

O prazo de presentación será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP e no DOG, facendo constar que reúnen os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española.

b) Ter 18 anos cumpridos e non exceder de aquela idade na que lle falten menos de 15 anos para a xubilación forzosa.

c) Estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma, Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

e) Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desempeño das funcións correspondentes ó posto de traballo obxecto da convocatoria.

f) Estar inscrito na oficina de emprego como demandante de traballo ou mellora de emprego.

As solicitudes entregaranse en sobre tamaño medio folio, co seu nome e baixo o título «Concurso para a provisión con carácter temporal e a tempo parcial de unha praza de encargado da biblioteca».

Ás solicitudes acompañaranse a seguinte documentación:

a) Manifestación dos aspirantes que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base terceira.

b) Relación de méritos segundo o anexo I desta convocatoria, os méritos deberán posuírse ó acaba-lo prazo de presentación de instancias.

Cuarta.-Designación, composición e actuación do tribunal.

1.-Constitución.

O tribunal cualificador constituirase da seguinte forma:

Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

Vocais:

-Un representante designado pola Consellería de Cultura.

-Un represntante designado polo colexio público de EXB de Riotorto.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Para cada membro do tribunal designarase un suplente.

2.-Nomeamento.

O nomeamento das persoas que han de constituí-lo tribunal e os seus suplentes será por decreto da alcaldía de acordo coas propostas formuladas polos organismos correspondentes.

3.-Abstención e recusación.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificando ó superior inmediato, cando concorran circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os interesados poderán promove-la recusación de acordo co sinalado no artigo 29 da citada norma.

4.-Actuación do tribunal.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, como mínimo, tres dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.-Aboamento das asistencias ó tribunal.

Os membros do tribunal terán dereito pola súa asistencia ás sesións, ó pagamento das asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no R.D. 236/1988, do 4 de marzo, tendo en conta as súas actualizacións.

Quinta.-Procedemento de selección.

1.-Procedemento.

O procedemento de selección dos aspirantes farase mediante concurso.

2.-Valoración de méritos.

Xuntado e constituído o tribunal valorará os méritos alegados e acreditados polos aspirantes de acordo co baremo establecido no anexo I das presentes bases e fixará as puntuacións correspondentes.

3.-Proposta.

Acabada a valoración dos méritos o tribunal formulará proposta de nomeamento ó órgano correspondente na orde de maior a menor puntuación total. Se se produce empate dirimirase acudindo a quen teña maior puntuación no baremo de méritos segundo a orde que se fixe nel. No caso de continua-lo empate, seleccionarase o aspirante con maior antigüidade como demandante de emprego.

Sexta.-Resolución.

A resolución do concurso publicarase no BOP, notificándose individualmente para os efectos de presentación dos documentos sinalados nas bases seguintes.

Sétima.-Presentación de documentos.

1.-Documentos que se presentarán.

Con carácter previo á formalización do contrato e no prazo máximo de vinte días contados desde o seguinte ó da notificación do nomeamento, o aspirante seleccionado presentará os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que o incapacite para o desempeño do posto de traballo.

c) Copia autenticada do título expedido ou xustificante de ter aboados os dereitos para a súa expedición.

d) Declaración a que se refire o apartado d) da base terceira.

2.-Falta de presentación de documentos.

Os que dentro do prazo sinalado, e salvo os casos de forza maior, non presenten a documentación, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións sen prexuízo da responsabilidade na que puideran incorrer por falsidade na instancia.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

ANEXO I

BAREMO PARA O CONCURSO DE MÉRITOS

a) Por titulación académica de nivel universitario:

-Título medio (diplomado): 3 puntos.

-Título superior (licenciado): 4 puntos.

Ata un máximo de 4 puntos.

b) Por mes de traballo ó servicio de calquera posto de bibliotecas de natureza semellante, baixo contrato: 0,3 puntos, ata un máximo de 2 puntos.

c) Cursos de biblioteca: 0,5 puntos, ata un máximo de 1 punto. Os cursos deberán ter unha duración mínima de 40 horas lectivas.

d) Por cursos de lingua galega:

-Iniciación: 2 puntos.

-Perfeccionamento: 3 puntos.

Ata un máximo de 3 puntos.

Riotorto, 5 de xullo de 1995.

José López Cabodevila

Alcalde

5603