Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 18 de agosto de 1995 Páx. 6.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

No BOP e DOG de data 19 de xullo de 1995 publícanse anuncios de exposición ó público durante un mes da revisión das normas subsidiarias de planeamento de Vilanova de Arousa, para os efectos do seu exame e presentación de observacións ou alegacións.

O Concello Pleno, en sesión do 3 de agosto de 1995, acordou prorroga-lo dito prazo por un período de 15 días naturais.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilanova de Arousa, 4 de agosto de 1995.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde