Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 18 de agosto de 1995 Páx. 6.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 11 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, para os pagamentos de indemnizacións do prezo xusto dos procesos expropiatorios e servidumes de instalacións eléctricas. (Expedientes números 52343 e 52268).

Fáiselles saber a tódolos propietarios dos predios contidos no expediente de expropiación e imposición de servidume de paso, sobre bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas a 15/20 kV e centros de transformación en Fornelos, Cesuras (Expte. 52343) e en Igrexa-Pena, Arzúa (Expte. 52268), dos que é beneficiaria a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, que o día 19 de setembro de 1995, ás 11 e 12.30 horas, respectivamente, se procederá nas casas dos concellos de Cesuras e Arzúa, ós pagamentos do prezo xusto, conforme as indemnizacións determinadas polo Xurado Provincial de Expropiación, advertíndolles ós interesados expropiados, os cales serán notificados individualmente, que os pagamentos se realizarán de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 48, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

As relacións dos predios ós que proceden os pagamentos expóñense xunto con este anuncio nos tabo

leiros oficiais desta delegación e dos concellos a que corresponden.

A Coruña, 11 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-05231