Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 18 de agosto de 1995 Páx. 6.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/62-1 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica e Industrial.

Enderezo social: Entrepontes, 51, baixo. Portomouro 15871 V. Dubra.

Denominación: C.T. de 50 kVA e R.B.T.

Situación: Mercuto. Ames.

Características técnicas: centro de transformación tipo caseta, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Mercuto e rede de baixa sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 410 m de lonxitude discorrendo polo lugar de Mercuto. Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5514