Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 18 de agosto de 1995 Páx. 6.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/61-1 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica e Industrial.

Enderezo social: Entrepontes, 51, baixo. Portomouro 15871 V. Dubra.

Denominación: R.B.T. a 380/220.

Situación: Valindo e Vilaverde. Ames.

Características técnicas: liña eléctrica de baixa tensión a 380/220 V, sobre apoios de formigón e conductor R.Z, de 1.370 m de lonxitude, con orixe no C.T. de Fernande e discorrendo polos lugares de Vilaverde, Fernande e Valindo. Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-04069