Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 18 de agosto de 1995 Páx. 6.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto, para a execución da obra de construcción dunha residencia sacerdotal sita na horta de San Roque, rúa Valle Inclán, Santiago de Compostela.

A Consellería de Economía e Facenda convoca o concurso, polo procedemento aberto, para a licitación da construcción dunha residencia sacerdotal que ten as seguintes características básicas:

Entidade adxudicadora.-Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno: 54 41 34.

Modalidade.-Procedemento aberto mediante concurso.

Obxecto.-Construcción dunha residencia sacerdotal sita na horta de San Roque, rúa Valle Inclán, Santiago de Compostela.

Clasificación.-Grupo C, Subgrupo 4, Categoría E.

Orzamento máximo.-Douscentos oitenta e dous millóns oitocentas vinteseis mil duascentas trinta e cinco pesetas (282.826.235 ptas.), IVE incluído.

Forma de pagamento.-Por transferencia logo de certificación da obra executada.

Plazo de execución.-Dezaoito meses contados desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo previo da obra.

Documentación de interese para os licitadores.-O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán a dispor dos interesados durante o prazo de presentación das proposicións na copistería COPYNINO, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2 Santiago de Compostela.

Presentación de proposicións.-As proposicións elaboraranse segundo modelo que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares e deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. As mencionadas proposicións presentaranse desde a data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 14 horas do día 29 de setembro de 1995.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores: A esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Fianza provisional.-Dispensada de acordo co artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas. Para as empresas europeas que non teñan clasificación esixiráselles ó 2% do orzamento máximo de licitación como fianza provisional, constituída na forma descrita no artigo 36.1º da mesma lei.

Prazo de vinculación da oferta.-Tres meses desde a apertura das proposicións económicas.

Apertura de proposicións.-A Mesa de Contratación procederá á apertura das proposicións, en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela), ás 11 horas do cuarto día hábil, que no coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe dos anuncios de licitación correrán a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 1995

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

95-04036